O PSdG de Ribeira preguntará sobre a capacidade da EDAR para recibir augas industriais

23 Outubro 2020

O voceiro do grupo socialista de Ribeira, José Manuel Vilas, compartiu unha petición ao pleno relativa á rede de saneamento local e a situación na que se atopa, en relación coa rede, a empresa Barraña Mar emprazada no lugar de Couso-Aguiño. Na petición do PSdG-PSOE remítese á sesión da xunta de Goberno local do 23 de xullo deste ano, na que se aprobou a solicitude da dita firma para conectarse á rede de saneamento da EDAR.

Segundo lembran os socialistas, a autorización incluía a achega de vertidos industriais en horario nocturno, cun caudal aportado estimado de 51, 84 Tn., augas derivadas do procesado e tratamento do mexillón para a súa venda. Os socialistas, a respecto da cuestión, manifestaron o seu interese sobre a capacidade da planta da Estación Depuradora de Augas Residuais para recibir este tipo de aporte de natureza industrial, e sobre se está preparada a instalación para unha cantidade de caudal que, segundo indican, é probábel que exceda o límite diario de tratamento da planta. O grupo tamén preguntará pola orixe dos cheiros denunciados os días pasados no lugar de Couso e se teñen relación coa devandita empresa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión