O Concello de Boiro impulsa un novo parque empresarial de máis de 340.000 metros cadrados

07 Outubro 2020

O Concello de Boiro está a traballar no proxecto dun novo parque empresarial que tería unha superficie de máis de 340.000 metros cadrados. Segundo informou o Goberno local, estaría emprazado na zona de Vista Alegre e tería potencial para “resolver o actual problema do espazo para a nova industria que hai no complexo empresarial de Espiñeira”. O novo emprazamento, amais do espazo industrial en si mesmo, incluiría zonas verdes e outros equipamentos. O proxecto vén da man da Concellería de Comercio e Industria.“Na actualidade existen problemas de espazo para nova industria, polo que coa proxección e construción dun novo parque empresarial solucionaríamos a demanda de superficie industrial”, afirma o alcalde, José Ramón Romero.

O rexedor tamén fixo saber que “o novo parque empresarial daría solucións ás pequenas e medianas empresas que, na actualidade, teñen moita dificultade para asentarse. Valoramos a construción dunha zona de pequenas naves modulares que solucionen este problema”. O novo espazo está situado “nun espazo estratéxico”, dixo, “a carón da saída da autovía, unha localización que xorde de informes técnicos que a definen como a mais conveniente tanto pola súa orografía como pola súa situación á hora de contar cunha comunicación pola estrada que non implique un gran investimento”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

Despois de tantos anos de período democrático e de liberdades en España, queda de manifesto que o espírito da transición durou o xusto e necesario para que se producise unha amnistía xeral de todos os crimes cometidos durante as catro décadas da ditadura militar...