Madrugada de temporal na que se alcanzaron refachos de 78 qm/ h na muralla en Lousame

25 Outubro 2020

Un forte temporal de vento acompañado de choiva azoutou a comarca esta madrugada ocasionando derrubes de árbores. A zona mais afectada foi o concello de Lousame onde se rexistrou a ráfaga máis forte cara as cinco da madrugada con cáseque 78 quilómetros/ hora. Tamén na estación de Meteogalicia na Muralla rexistrouse a maior precipitación con preto de 86 litros/m2.

O temporal obrigou a actuar na noite á dotacións de bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña que ten a súa base en Boiro. Así en Rianxo retiraron unha árbore que caeu sobre a estrada no lugar de Ourille ao redor da medianoite. Horas antes tamén tiveron que desprazarse ata a zona de Confurco, na localidade de Lousame, polo mesmo motivo. En ningún dos casos lamentaronse danos.

Intervención dos bombeiros de Boiro en Lousame. Cedida

Outros artigos

Os alcaldes de Barbanza Arousa din non a Altri

Na mañá deste 18 de marzo os alcaldes da Mancomunidade Barbanza Arousa, Julián Bustelo, José Ramón Romero, José Carlos Vidal e Luis Pérez Barral (rexedores, respectivamente, de Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira) ofreceron unha rolda de prensa conxunta na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Política redistributivas” – José Manuel Pena

“Política redistributivas” – José Manuel Pena

A Unión Europea sempre estivo comprometida, polo menos en teoría, coa redución da pobreza e a exclusión social. Actualmente e de fronte ao futuro, segundo algúns expertos, requirirá un cambio de paradigma nas políticas económicas, cuxo punto de partida deberá ser o...