Este domingo segue o aviso laranxa por temporal costeiro no litoral de A Coruña e Pontevedra

24 Outubro 2020


Agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos moi anubrados con momentos con nubes e claros en toda a comarca do Barbanza. Haberá precipitacións. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con valores que en xeral se manterán sen cambios a pesar de que oscilarán.

Na costa teremos aviso laranxa por temporal costeiro que se amplía este domingo tamén ao litoral de Pontevedra, que permanecerá en alerta xunto coa costa da Coruña ante a previsión de ondas de entre 5 e 6 metros.

A alerta activa este sábado na costa coruñesa por ventos de forza 8, tamén afectará o litoral pontevedrés. O aviso foi comunicado a concellos, deputacións, servizos provinciais, agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos.

A Xunta lembra a importancia de que as persoas se manteñan afastadas da liña de costa e doutras zonas que poidan ser varridas polo mar, co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar a persoas ou obxectos. Tamén se aconsella realizar calquera actividade no mar e revisar os cabos e amarres das embarcacións.

Aviso laranxa por temporal costeiro no litoral de A Coruña e Pontevedra

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.