En Ribeira os grupos municipais solicitan o incremento dos efectivos da comisaría

26 Outubro 2020
Comisaría Policía Nacional de Ribeira

Os Grupos Municipais PP, PBBI, PSOE e SumaRibeira nun comunicado manifestaron a necesidade de que se aumente o cadro de persoal da Comisaría Local de Ribeira, demanda compartida polos sindicatos representativos do Corpo Nacional de Policía SUP, JUPOL, UFP e ASP.
Así, a Comisaría Ribeira ten dende varios anos un déficit de persoal moi
grande debido a que a citada plantilla ten un catálogo de postos de
traballo de 67 funcionarios, dos cales 14 están sen cubrir (un 21%), ao que
hai que engadir que dous funcionarios están en situación de baixa de
longa duración.
Todas as plantillas de Galicia rexistran un importante déficit de persoal,
pero a Comisaría de Ribeira afronta unha situación atípica ao ter que
soportar unha gran carga de traballo, cun elevado número de incidencias
(3.710/ano) e máis persoas detidas que Marín, Monforte e Viveiro xuntas:
261 no caso da Comisaría ribeirense en 2018 contra 220 entre as tres
últimas. Observando a estatística oficial, pódese apreciar que, pese a que
a Comisaría de Ribeira ten con diferenza un volume moito máis elevado de
delitos (roubos con forza, roubos con violencia, etc.), estas tres comisarías
locais triplican practicamente os 67 funcionarios asignados a Ribeira a
sumar entre elas un total de 184 axentes.
Proximamente, a localidade de Ribeira terá unha nova Comisaría de Policía
Nacional que se está a construír na zona do Touro cos orzamentos do
Estado. A nova sede contará cunha serie de servizos básicos que, coa
plantilla actual, non van poder ser cubertos xa que non se dispón de
persoal para o posto de seguridade nin para calabozos, o que obrigaría a
mermar por conseguinte o servizo de seguridade cidade.
Isto sería algo incomprensible xa que o volume de traballo en Ribeira é
similar a outras plantillas como a de Vilagarcía de Arousa, tendo esta
localidade un catálogo de postos de traballo de 80 policías para unha

poboación de 37.500 habitantes, polos 67 policías (un 17% menos) para os
27.000 habitantes do noso municipio, estando as dúas na ría de Arousa,
actualmente unha das entradas de substancias estupefacientes.
Ademais, a citada Comisaría ten en catálogo 8 policías do Persoal
Operativo de Investigación (Policía Xudicial), os cales realizan funcións de
investigación, tramitación, detención, auxilio xudicial a tribunais e fiscalías,
investigación de delitos tecnolóxicos e todo o relativo á Lei 4/2000 (Lei de
Estranxeiría). Dos 8 postos contemplados no catálogo, unicamente 4 están
cubertos.
Na Comisaría de Ribeira está así mesmo un Grupo de Policía Científica, con
2 postos de Especialista en Policía Científica, un número insuficiente para
o volume de traballo que este grupo está cubrindo durante 24 horas os
365 días do ano.
Por outra parte, dende fai un tempo se observa un incremento de persoas
drogodependentes e varios puntos de venta de substancias
estupefacientes, o que faría conveniente contar cun Grupo especializado
no menudeo de Droga.
Por todo o exposto, esta Corporación solicita que o catálogo de postos de
traballo da Comisaría de Ribeira se eleve a 80 postos ante as dificultades
de cubrir uns servizos mínimos para a localidade ribeirense e os seus
cidadáns, así como a creación dun Grupo de 4 funcionarios con dedicación
exclusiva para o menudeo de drogas.
Déase traslado deste acordo á Dirección Nacional da Policía do Ministerio
do Interior, á Delegación do Goberno en Galicia e á Xefatura Superior de
Policía de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión