En Ribeira a Asociación Ambar celebrou a segunda formación docente enmarcada no proxecto EduDiversa

03 Outubro 2020

Asociación Ambar a segunda formación docente enmarcada no proxecto EduDiversa

Este sábado 3 de outubro celebrouse no Centro de Recursos da Asociación Ambar de Ribeira a segunda xornada formativa do proxecto de educación inclusiva EduDiversa “TDAH na aula: Motivando e creando. Orientacións pedagóxicas”. Este proxecto está cofinaciado pola Obra Social La Caixa e é totalmente gratuíto para as persoa participantes.
A formación sobre “TDAH na aula: Motivando e creando. Orientacións pedagóxicas” foi impartida por Paula Pérez Gullón, pedagoga, experta en intervención social, directora de “Positivando Gabinete Educativo”, impulsora de “Pedagoxía posistiva” e coordinadora de formación da Asociación TDAH Salnés. A ela asistiron un total de 15 persoas. Prevese que se convocarán 4 formacións máis antes de que remate o ano, unha delas o vindeiro 31 de outubro.
Sobre EduDiversa
EduDiversa é un programa que nace para reforzar os apoios á diversidade na educación ordinaria da comarca da Barbanza.
Xurde a raíz do informe do Comité sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade da ONU, sobre a situación educativa en España, onde se identifica que “no sistema educativo español non existe un recoñecemento xeralizado do modelo de dereitos humanos da diversidade e hai unha falta de acceso á educación inclusiva e de calidade”.
Dende Ambar levamos a cabo enquisas durante a fase de investigación para ver as necesidades de apoio en atención á diversidade na comarca. De aí, xurdiron as liñas estratéxicas e as necesidades en formación e asesoramento para equipar ó profesorado de máis recursos para traballar en prol da inclusión efectiva.
Máis información en:
• https://asociacionambar.org/edudiversa/
• educacioninclusiva@asociacionambar.org
• 981 874 480

Outros artigos

Ribeira premia os comercios mellor decorados na XIX edición de Artemar

A votación popular recoñeceu a ambientación mariñeira d’O Bazar de Álvaro, Iluminación Lijó e A Recoveira. Premio Recoveira O Concello de Ribeira fixo entrega dos galardóns correspondentes ao Concurso de Decoración de Establecementos, enmarcado dentro da décimo novena...

+

As festas de Santa Cruz de Lesón celebraranse do 11 ao 15 de setembro

A parroquia de Santa Cruz de Lesón (A Pobra) celebrará do 11 ao 15 de setembro as festas na honra do Santísimo, cun programa que reúne música, actividades para o público infantil, gastronomía e os tradicionais actos relixiosos. O venres 11 dará comezo a programación...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.