Comezaron as obras que darán acubillo a Servizos Sociais na Casa Consistorial do Son

23 Outubro 2020

O Concello de Porto do Son comezou esta semana as obras de remodelado do segundo andar da Casa Consistorial, co fin de poñer a punto as instalacións e acubillar, en datas vindeiras, as dependencias de Servizos Sociais.

Os traballos veñen cunha contía de 60.000 euros e abranguen a reforma integral das oficinas onde até datas recentes tiñan a súa sede de operacións os axentes da Garda Civil. O espazo resultante contará cunha sala de reunións e cinco dependencias de traballo. O obxectivo do Goberno local é estender as obras de remodelación ao primeiro andar do edificio, en datas vindeiras, co fin de dar acubillo a unhas novas oficinas de atención e servizo para a veciñanza.

Outros artigos

O 20 de xuño celébrase a II Andaina Nocturna de Nebra

Volve a Andaina Nocturna de Nebra, logo de éxito de participación do ano pasado, e faino cunha segunda edición programada para o sábado 20 de xuño a partir das 22.00 horas (recepción) na Casa Veciñal de Nebra (campo da festa) e cun prezo de oito euros de inscrición....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...