As axudas escolares do Son pódense solicitar até o 2 de novembro

21 Outubro 2020

O Concello de Porto do Son vai manter aberto até o 2 de novembro o prazo para as axudas escolares destinadas á adquisición de material e transporte, convocadas a través da área de Benestar Social. Pódense solicitar a través do teléfono 981 867 414 ou ben mediante a folla de inscrición habilitada na web do Concello.

As axudas, omo dixemos, van destinadas a cubrir material escolar (compra de libros de texto e material do alumnado matriculado en Educación Infantil) e custes de transporte (custes de desprazamento en transporte público colectivo do alumnado matriculado en ESO ou en FP que non se impartan no concello e universitarios).

Estes son os requirimentos esixidos para percibir os estudantes as axudas:

· Estar empadroado/a e residindo no termo municipal de Porto do Son.

· Con carácter xeral, estar matriculados/as para cursar estudos en centros de ensino oficiais no curso 2020-2021.

· Non superar o nivel de renda: 600€ /mes.

· Non percibir ningunha outra axuda para o mesmo fin.

· Non ter pendente de xustificación, unha vez rematado o prazo, outras axudas ou subvencións outorgadas polo Concello de Porto do Son.

Outros artigos

O 20 de xuño celébrase a II Andaina Nocturna de Nebra

Volve a Andaina Nocturna de Nebra, logo de éxito de participación do ano pasado, e faino cunha segunda edición programada para o sábado 20 de xuño a partir das 22.00 horas (recepción) na Casa Veciñal de Nebra (campo da festa) e cun prezo de oito euros de inscrición....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...