A Deputación publica a concesión aos concellos das axudas do PEL-Reactiva, de apoio a autónomos e microempresas afectadas pola Covid-19

28 Outubro 2020

A Deputación da Coruña publica hoxe no BOP a resolución pola que se aproba a concesión definitiva das subvencións correspondentes ao Fondo de financiamento para a reactivación económica e social da provincia da Coruña, PEL-Reactiva.

A Deputación achega 10 millóns de euros para este novo programa, ao que se sumaron 88 dos 90 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes. A achega provincial compleméntase con outros 2,5 millóns achegados polos
concellos, polo que o orzamento total do PEL-Reactiva alcanzará os 12,5
millóns de euros que se distribuirán entre os profesionais autónomos/as e
microempresas cuxo negocio se vise afectado pola pandemia da Covid-19.

A Deputación, consciente da delicada situación que atravesan moitos
autónomos/as e microempresas polo contexto de incerteza actual, duplicou
este ano o investimento destinado a Emprego, que supera xa os 23 millóns de euros na anualidade 2020.

En PEL-Reactiva, o reparto de fondos aos concellos realizase de forma
obxectiva, baseándose no número de autónomos/as e microempresas de cada municipio, de ahí que o reparto dos 10 millóns de
euros oscile entre os 11.271,99 euros concedidos ao concello de Toques e os
550.578,18 euros concedidos a Carballo.

Os concellos tramitarán as axudas: A partir da vindeira semana, serán os concellos os que pasen a canalizar todas as solicitudes do seu tecido empresarial para distribuír os 12,5 millóns de euros que conforman o programa. Nos 5 días hábiles seguintes a á publicación da resolución de asignación de fondos de hoxe, os concellos deberán remitir a súa convocatoria específica de axudas á Base de Datos Nacional de Subvencións
para rexistrala e publicala no BOP.

Ao día seguinte da publicación da convocatoria por parte de cada concello no BOP, os autónomos/as e microempresas poderán solicitar directamente no seu concello as axudas, que se rexistrarán de xeito telemático a través das distintas Sedes Electrónicas municipais.

Estas axudas da liña PEL-Reactiva poderán solicitalas os autónomos,
autónomas e microempresas con domicilio fiscal nalgún dos 88 concellos
adheridos ao fondo, que se viran afectadas polo peche do negocio durante o
estado de alarma, así coma aquelas que viran reducida a súa facturación en
máis dun 75% ou se acolleran a un ERTE como consecuencia da situación de
crise sanitaria orixinada pola COVID-19.

As subvencións, compatibles con outras prestacións municipais, oscilarán entre os 1.500 euros para traballadores por conta propia sen traballadores ao seu cargo e os e os 3.000 euros aos que poden optar as microempresas e
autónomos/as que conten cun cadro de persoal de entre 6 e 9 traballadores/as.

Os fondos poderán ser destinados, entre outras cuestións, a gastos de
adaptación e acondicionamento dos negocios á nova realidade derivada da
pandemia como pode ser a compra de mamparas de protección, a adquisición de produtos hixiénicos e de limpeza, material antiséptico ou desinfectante, así como a gastos correntes de subministracións de auga, luz, gas, etc.

O prazo de solicitude destas axudas por parte das microempresas e
profesionais autónomos iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación

Todas as solicitudes tramitaranse de xeito telemático a través das Sedes
Electrónicas dos concellos, que poden ser consultadas na páxina web de PEL- Reactiva: dacoruna.gal/pelreactiva.

O presidente provincial, Valentín González Formoso, defendeu recentemente a creación de emprego como “o eixo principal de todas as políticas da Deputación da Coruña” e explicou que, debido á pandemia, houbo un importante traballo de reorganización orzamentaria para dotar de fondos a un plan que pretende ser “un apoio masivo e necesario para os autónomos e as pequenas empresas da provincia”. Así mesmo, o presidente destacou a importancia de “crear sinerxias” e “traballar de forma coordinada entre distintas administracións”, cun programa “que conta coa colaboración esencial dos concellos”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una vida para el recuerdo”. Manuel Dominguez

“Una vida para el recuerdo”. Manuel Dominguez

Me siento plácidamente en una butaca y más que soñar me pongo a mirar atrás, muchos años atrás, años vivido en una infancia llena de necesidades, pero pletórica de imaginación. Y sin llorar me pongo a recordar, aquellos barquillos en forma de cono o planos que en...

“Facer cola”. Xulio Xiz

“Facer cola”. Xulio Xiz

A venda de lotería polo Nadal provoca colas que se ata hai pouco se formaban os días previos ao sorteo agora, igual ca todas as celebracións, se amplían de maneira que xa hai que facelas para mercar un boleto que pode facernos ricos, de paso...