Soben a 661 os mortos en Galicia pola COVID-19 ao falecer dúas persoas en Lugo. Na área 688 casos activos, 54 novos positivos

06 Setembro 2020

Dúas persoas faleceron nas últimas horas no Hospital Lucus Augusti de Lugo ( HULA) diagnosticadas con COVID-19, co que a cifra total de mortes desde que comezou a pandemia ascende a 661 en Galicia. Ambas as persoas procedían de residencias de maiores: unha situada no Incio (Lugo) e a outra en Outeiro de Rei (Lugo)

En concreto, a Consellería de Sanidade informou do falecemento dunha muller de 89 anos e un home de 88. Ambos se atopaban hospitalizadas no Hospital Lucus Augusti ( HULA). En ambos os casos presentaban patoloxías previas, sinalaron as mesmas fontes.

O falecido procedía da residencia do Incio, intervida pola Xunta e que rexistra un brote con máis dun centenar de afectados. Con este deceso, son xa 15 os mortos relacionados con este foco.

Pola súa banda, a muller morta nas últimas horas con coronavirus é a primeira vítima do brote rexistrado no xeriátrico DomusVi de Outeiro de Rei, onde se detectaron, segundo as últimas cifras ofrecidas por Sanidade, máis de 50 casos entre usuarios e traballadores.

Na área sanitaria Santiago-Barbanza rexistranse 688 casos activos, 54 novos positivos. Un total de 43 pacientes recibiron o alta nas últimas horas, sumando 133 en só catro días. Hai 16 hospitaliazados no CHUS, dous mais que onte, un deles nunha unidade de críticos. Hai 2.066 pacientes curados, e realizaronse 55.931 PRCs.

Outros artigos

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

+

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.