Os socialistas de Ribeira piden que se inspeccionen fallos na vía da Banda ao Río de Palmeira

11 Setembro 2020

En Palmeira na rúa Banda ao Río esquina rúa Vella, estase evidenciando un descalce do muro de fàbrica elaborado a base de pezas de bloque de formigón sobre encachado de pedra que delimita a leira particular coa
estrada de entrada ao Porto palmeirán.

Banda ao Río de Palmeira

Neste tramo de vía pública, está prohibido estacionar tal como se entende coa sinalización horizontal, e a pesar diso, distintos vehículos pairan no lugar, o que provoca asentamento do terreo.
Segundo informan os socialistas e aportan as fotos, a pavimentación da vía
veciñal non se executou na súa totalidade, quedando unha coquera
significativa no lugar, que axuda ao descalce do muro divisorio.
É por iso que o Grupo Municipal Socialista pide ao Grupo de Goberno municipal que se realice unha verificación do exposto, por persoal
competente, en aras de liquidar a posible responsabilidade municipal.

Banda ao Río de Palmeira

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“El blanqueo como política de Estado” – José Antonio Constenla

“El blanqueo como política de Estado” – José Antonio Constenla

Hay gobiernos que pasan a la historia por sus reformas, otros por sus crisis y algunos, los más cínicos, por su habilidad para llamar “normalización” a lo que es claudicación. Pedro Sánchez parece decidido a inscribirse en esta última categoría con una perseverancia...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.