Os maiores do Son terán á súa disposición un obradoiro para exercitar a memoria

25 Setembro 2020

O Concello de Porto do Son vai organizar, a partir do 7 de outubro un obradoiro de actividades para estimular a memoria dirixido a persoas maiores de 55 anos. Farao en diversas localizacións do concello, da man da Concellería de Benestar Social.

As actividades celebraranse na propia vila de Porto do Son, os mércores en dúas quendas (de 10.00 a 11.00 horas e de 11.00 a 12.00 horas) e os venres na Casa da Cultura de San Pedro de Muro (ás 9.30 horas), na Casa da Cultura de Xuño (ás 10.30 horas) e na Casa da Cultura de Caamaño (ás 11.30 horas).

As sesións, que terán prazas limitadas para garantir a seguridade sanitaria das e dos asistentes, ofrecen a posibilidade de realizarse no propio domicilio das persoas interesadas, con seguimento das actividades. Os devanditos horarios e emprazamentos para as actividades están suxeitos a variacións en función da demanda existente. Para facer as inscricións ou obter máis información cómpre chamar ao teléfono 981 86 74 14.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.