Colocación da estrutura de madeira que forma o primeiro andar do inmoble do Pazo de Goiáns en Boiro

25 Setembro 2020

Avanzan nas obras de restauración e acondicionamento do Pazo de Goiáns para que estean rematadas a comezos do vindeiro verán. O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luís Ruiz, visitaron esta maña as instalacións xunto co arquitecto municipal, Emilio Piña, para coñecer a evolución das obras.
Neste momento as obras estanse a executar no interior do Pazo, onde está xa colocada a estrutura de madeira que forma o primeiro andar e se vai
colocar tamén a estrutura que forma a cuberta, para que quede colocada antes de que comece a época de choivas e que a estrutura do pazo quede protexida durante o inverno. A colocación da madeira estase a realizar por unha técnica de encaixe, sen usar pezas metálicas, o método tradicional de traballo da madeira.
Nas ultimas semanas concluíron os traballos de canalizacións ocultas do
sistema de climatización de aire interior e realizáronse tamén as tarefas de
estabilización e limpeza da Torre de Goiáns e finalizaron xa os traballos de
impermeabilización da torre para que estea protexida durante o inverno e
comprobar se hai que realizar novas actuacións.
Paralelamente as tarefas de recuperación do inmoble do Pazo, o Concello de Boiro esta a traballar tamén con medios propios nas construcións anexas, protexendo os muros para evitar o seu deterioro, e tamén do acondicionamento dos xardíns da contorna para crear un espazo visitable. O Concello de Boiro esta a traballar na creación dun comité de valoración, que determinará os posibles usos que darlle ao Pazo, tendo en conta a finalidade coa que foi adquirido, que e destinalo para a veciñanza de Boiro.

Outros artigos

Accidente sen feridos na AG-11 á altura de Rianxo

A dotación do Parque de Bombeiros de Boiro (Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña) actuou na mañá deste venres 7 de novembro para asistir a unha persoa implicada nun accidente acontecido na Autovía do Barbanza (AG-11), no quilómetro 16 en Ribeira ao seu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

Un español en Alemania opina que todo el mundo merece la oportunidad de construir una buena vida, independientemente de dónde haya nacido o de cuándo o cómo haya emigrado. Cuando las personas toman la difícil decisión de abandonar sus hogares, buscan seguridad,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.