Boiro rematará setembro con contacontos, música e unha actividade urbana de escape room

21 Setembro 2020

Imaxe promocional do espectáculo Os Contos de Pablísimo

Boiro encara a recta final de setembro con música, actividades de cultura urbana e, sobre todo, contacontos para os máis pequenos da casa. A axenda do Concello volve despegar, despois dun verán cultural ateigado de citas lúdicas e culturais, co espectáculo Chocolate, un contacontos de Teatro Calavera que contará coa presenza do cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa. A actividade, prevista para o Centro Social de Escarabote a partir das 20.00 horas, incluirá un obradoiro de cociña. Segundo informa o Concello, as entradas serán limitadas e a reserva de prazas pode facerse a través do enderezo reservacultura@boiro.gal antes do xoves as 13.00 horas.

Ao día seguinte, o salón de actos da Casa da Cultura de Boiro acollerá a partir das 20.00 horas outra nova sesión para os máis pequenos: o contacontos Rilla-Rilla, a cargo de Xarope Tulú. Trátase dun espectáculo para público infantil e familiar a partir dos seis anos. Novamente haberá aforamento limitado (as prazas poden solicitarse en reservacultura@boiro.gal).

A axenda cultural inclúe unha nova actividade do Festival de Arte Urbana de Boiro, o sábado 26 a partir das 11.00 horas con quedada na rúa peonil, á altura do bar Tecate. Trátase dunha experiencia Escape Room, que, para quen non o saiba, consiste nun xogo de probas de escapismo para ser resolvidos polos participantes na experiencia nun límite marcado de tempo. As prazas son limitadas e as reservas no enderezo electrónico educacion@boiro.gal.

Na mesma xornada, ás 17.00 horas na contorna exterior do Centro Social de Cabo de Cruz, representarase o espectáculo Os Contos de Pablísimo, un conxunto de relatos orais dirixido ao público infantil de idades comprendidas entre os 4 e o 9 anos. A cita, que no caso de choiva celebrarase no interior do Centro Social, tamén virá con aforamento limitado (as prazas poden reservarse en reservacultura@boiro.gal).

O mesmo día 26 de setembro o eixe cultural trasládase pola noite á praza do Centro Social de Cures, onde haberá unha Noite de Verbena amenizada pola Orquesta Puzzle. Será a partir das 20.00 horas. As prazas serán limitadas. Poden solicitarse as entradas na Casa da Cultura de Boiro ou no telefono 981 84 84 25.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Momentos Altos”. Mario Clavell

“Momentos Altos”. Mario Clavell

Camino dos minutos pisando hojas caídas de los olmos de Santa Clara. A través de losauriculares oigo el andante del concierto 2 para piano de Rachmaninov, plas, plas, plas…Saludo al vecino José Antonio en la parada del bus número 6, y veo nubes blancas entre...

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

Mazón se desentendió de la Dana el día 29 al coger un día de asueto para mocear con una periodista, habiendo dicho que no pudo estar en contacto con emergencias por un apagón de falta de cobertura, una mentira más, cuando la periodista declaró que tuvo constantes...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.