Boiro demanda á Educación que se realicen as probas PCR ao persoal de limpeza dos centros educativos

14 Setembro 2020

O Concello de Boiro vén de enviar un escrito á Consellería de Educación
solicitando que se lle realicen as probas PCR ao persoal de limpeza dos
centros educativos. Todo o persoal docente realizou as probas, pero
excluíronse a outros traballadores/as dos centros educativos como son o
persoal de limpeza e conserxería.
A seguridade de todas as persoas que traballan nos centros de ensino é
fundamental para garantir tamén a seguridade dos estudantes, da comunidade educativa e da cidadanía en xeral do municipio. Tendo en conta a urxencia, xa que as aulas están iniciadas, o Concello de Boiro demanda á administración autonómica que se lle realicen as probas a todo o persoal que traballa nos centros de ensino, tal e como se fixo cos docentes.
A Concellería de Educación traballa no ben de toda a comunidade educativa, colaborando coas demandas e necesidades dos equipos directivos dos centros. Entre outras cousas, dende o Concello dáse resposta a medidas de protección e hixiene dos centros educativos que non son competencia da administración local.
Por este motivo, desde o Concello de Boiro vénselle de solicitar á Xunta de Galicia que se practiquen as probas PCR ao persoal de conserxería e limpeza dos centros educativos o antes posible para evitar poñer en risco ao
alumnado e demais comunidade educativa.

Outros artigos

A Boliña (Boiro) celebra este sábado o seu magosto

O Campo de Revelar (A Boliña, Boiro) vai acoller este 7 de novembro a celebración do magosto popular da Boliña. Será unha cita participativa para veciños e visitantes que dará comezo ás 18.00 horas do sábado. Haberá celebracións gastronómicas con castañas e viño e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Non é a guerra, míster: son os feitos”. Antón Luaces

“Non é a guerra, míster: son os feitos”. Antón Luaces

O vicepresidente de Estados Unidos de América, mr. Vance, nun arranque de sinceridade comedida, culpaba onte á guerra (ou guerras) nas que están metidos os estadounidenses, dos nefastos resultados acadados nas eleccións de medio mandado que non deixan moito marxe de...

“Más democracia tras las elecciones”. Alberto Barciela

“Más democracia tras las elecciones”. Alberto Barciela

La nada simple posibilidad de que las Elecciones Generales del próximo 29 de noviembre determinen una mayoría cualificada en el Congreso, lo que se pondría el consenso de al menos dos partidos en torno a un único candidato a Presidente, presupondría la oportunidad de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.