Avanzan as obras no edificio das Colonias de Boiro para integralo con praia Xardín

18 Setembro 2020

Amais das obras realizadas no Pazo de Goiáns e nas escolas unitarias das parroquias, o Concello de Boiro mantén outras frontes abertas en materia de posta en valor e recuperación de edificios históricos do termo municipal. Entre estes enclaves de importancia atópase a Casa das Colonias, en praia Xardín, que está a ser obxectivo de obras integrais de acondicionamento. Segundo informou este venres o Concello, os traballos no exterior deron importantes pasos adiante para integrar o inmóbel no paseo marítimo que discorre abeirando o devandito areal boirense. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, visitou a instalación para coñecer a evolución das obras.

Como recordaremos, a comezos de ano comezaron as reformas e o acondicionamento do mesmo para destinalo a acoller despachos para as distintas entidades deportivas e usalo tamén como despacho do departamento de deportes. O edil lembrou que o edificio vai contar con despachos individuais, almacén e zonas de uso común como salas de reunións. Amais, fixo saber que “neste intre”, os operarios municipais “están traballando no exterior, para facer as conexións de rede e teléfono no edificio e tamén para acondicionalo e integralo na contorna”. O exterior vai contar con beirarrúa e zonas axardiñadas, así como coa continuidade do carril bici, que se vai ampliar, dotando a contorna de espazos de aparcamento.

O edil informou de que o interior está practicamente rematado e agora os operarios ultiman os traballos no exterior para que a instalación estea rematada para o seu uso por parte do persoal de deportes do Concello e das entidades deportivas do municipio.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.