Os traballos para a recuperación do Pazo de Goiáns chegarían ao seu remate antes do vindeiro verán

04 Setembro 2020

O alcalde José Ramón Romero visitando as obras a comezos do verán

Os traballos de recuperación e posta en valor do Pazo-Torre de Goiáns de Boiro, unha das grandes xoias arquitectónicas da arquitectura civil galega, avanzaron de xeito importante este verán, un ritmo de obra que conseguiu abreviar os prazos previstos na orixe do proxecto pola empresa adxudicataria. Segundo nos fixo saber o Concello, está previsto que as tarefas rematen a comezos do vindeiro verán.

Os avances no proxecto viñeron dados en boa medida pola urxencia para conservar e protexer tan relevante edificio, que tiña o tellado derrubado e cuxa estrutura estaba a verse seriamente afectada polas filtracións de auga. A previsión é que a cuberta fique colocada antes da tempada de choivas.

No mes de agosto, os traballos que se realizaron foron os seguintes:

• Rematouse a estabilización e encintado dos muros de pedra.

• Rematouse a aplicación de morteiros tradicionais de cal nos parámetros que van revestidos.

• Retiráronse as fiestras de madeira aproveitábeis para usar como modelo das novas xanelas.

• Rematouse a división e recebo da zona de aseos e cuarto de instalacións, para poder comezar os acabados finais.

• Recuperáronse ocos e armarios realizados en pedra que se atopaban tapiados debido a numerosas reformas do pazo.

• Preparáronse as cornixas e topetes de remate dos muros para recibir a cuberta de madeira.

• Comezouse coas tarefas de estabilización e limpeza da Torre de Goiáns.

• Está en fabricación a estrutura de madeira que vai formar o primeiro andar e a cuberta, que está previsto que se coloquen no mes de setembro.

• Estanse a realizar as canalizacións ocultas do sistema de climatización de aire interior.

• Estanse a seleccionar os materiais de acabado (tellas, terrazo, alicatados…) escollendo entre as opción de diversos provedores para determinar os materiais de acabado que mais se axusten ás características propias do pazo.

De maneira paralela a estas tarefas de recuperación do inmóbel, o Concello de Boiro está a traballar con medios propios nas construcións anexas, protexendo os muros para evitar o seu deterioro e esborallamento, e tamén acondicionando o entorno axardinado.

O Goberno local anunciou tamén que vai crear un comité que valorará os usos que darlle a construción e a súa contorna e a que funcións concretas destinalas, aínda que alén de calquera outra consideración o que está fóra de toda dúbida, en palabras do Concello, é que irá destinado á veciñanza. “Agardamos que para o vindeiro verán o pazo estea xa rehabilitado para o desfrute de todos os boirenses”, explicou o alcalde José Ramón Romero.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.