O Concello de Boiro remata a rehabilitación da antiga unitaria de Vilariño

07 Maio 2020

O Concello de Boiro prosegue coa súa actividade de mantemento e rehabilitación dos edificios públicos municipais, poñendo o foco, tamén, nas antigas escolas unitarias. Segundo informou o Goberno local, un dos primeiros inmóbeis nos que se fixeron traballos foi a unitaria vella de Vilariño, que xa está preparada para que a veciñanza lle tire proveito e, tamén, as entidades da contorna.

Como dixemos, este labor de acondicionamento da unitaria de Vilariño forma parte dunha liña estratéxica máis ampla do Concello: a de dar segunda vidas aos predios públicos locais que estaban en desuso e regular as actividades que neles se viñan realizando. Para levar a cabo estes traballos, comezouse revisando o estado no que se atopaban os inmóbeis con vistas a acometer as tarefas de acondicionamento necesarias para ser empregados polas veciñas e veciños.

Na unitaria de Vilariño realizáronse tarefas de reparación eléctrica, así como o pintado e limpeza de todas as dependencias e tamén unha reparación exterior e acondicionamento do entorno, quedando só pendente a pintura da parte exterior.

A finalidade desta rehabilitación é destinar estas propiedades públicas municipais como locais sociais e que sirvan “como lugar para xuntanzas veciñais e de entidades e asociacións, así como tamén para outras actividades ou clases pensadas para a veciñanza”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

Hai xente moi miserable. Chamando ratas, animando á caza e á pesca de migrantes por parte de responsables públicos é un evidente delito de odio e unha carencia de ética e moralidade da máis elemental. Os cidadáns normais non podemos unir o noso silencio ante tantas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.