A ABE forma ao empresariado local en mercadotecnia online

29 Setembro 2020

Este martes 29 de setembro deu comezo na sede da Asociación Boirense de Empresarios (ABE) unha actividade formativa destinada a converter ás e aos representantes do tecido comercial e empresarial en expertas e expertos no uso das novas ferramentas. O curso Marketing Dixital e Redes Sociais, de 15 horas de duración, vai encamiñado a achegar recursos para incrementar a rendibilidade, a competitividade, a eficiencia e a apertura de mercados dos negocios boirenses.

Está a ser impartido por un dos nosos grandes expertos en mercadotecnia online, Javier Rocamora, experto en xestión comercial innovadora e colaborador habitual de Marketing For eCommerce, unha das publicacións online de referencia a nivel nacional en comercio electrónico. Rocamora ten traballando, fornecéndoas de recursos para optimizar os seus negocios, con empresas como Telefónica, Applus, Carrefour, Media Markt, Grupo Vegalsa-Eroski, Pescanova, Elogia Media, BAP Conde ou Roi Scroll, entre outras moitas.

No curso de Boiro participan dúas ducias de empresarias e empresarios de diferentes sectores de actividade. No obradoiro, que se vai artellar en tres sesións de 5 horas, abordaranse diferentes contidos da publicidade e dos negocios nas redes, da Internet e das redes sociais.

Esta acción formativa presencial estase a desenvolver na aula polivalente da ABE que conta con 100 metros cadrados e que ten capacidade para garantir unha distancia entre alumnos de 3 metros o que, en palabras da ABE, “faina cómoda e segura ao cumprir co dobre de distanciamento de seguridade do que pide a normativa actual”.

Outros artigos

A Boliña (Boiro) celebra este sábado o seu magosto

O Campo de Revelar (A Boliña, Boiro) vai acoller este 7 de novembro a celebración do magosto popular da Boliña. Será unha cita participativa para veciños e visitantes que dará comezo ás 18.00 horas do sábado. Haberá celebracións gastronómicas con castañas e viño e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.