Ziralla Primero, Sadamar e Piko norte vencedores na Gadis de Ribeira

29 Agosto 2020

Éxito de convocatoria e organización na XIV Regata Gadis convocada polo Club Náutico e Deportivo de Riveira, con espectáculo deportivo incluído nun trazado costeiro pola Ría de Arousa de 12 millas de percorrido.
Caras novas no máis alto do podio respecto a a edición de 2019,
onde os postos dourados foron ocupados por quen roldaba o cetro
dun clásico como é a Gadis na Comarca do Barbanza.
Con esta guisa, o Ziralla Primeiro, de Ramón Barreiro, do Ro Yachts Club facíase co triunfo na División dos máis poderosos, os Regata, seguindo o seu ronsel na segunda praza o Chispetrén, de Jesús Iglesias, do Club Náutico Arousa Norte. Terceiro era o Corsario, de Javier Durán, do Club Náutico de Vilagarcía.

Ziralla Primeiro foto Juan Caballero

Na Clase Cruceiro/Regata gañou o Sadamar, de Nito Enríquez, do Club Marítimo A Penela, seguido do vencedor na pasada edición da categoría, o Cámping Ría de Arousa, de José Manuel Pombar, da Real Federación Galega de Vela. Terceiro foi o A Píllara, de José Manuel Ben, do Club Náutico e Deportivo de Riveira.
Por último, a Clase Cruceiro foi para o Piko Norte, de José Manuel Castro, do Club Náutico de Boiro, que tan boa tempada estival está a realizar desde que volveu a competición. O segundo posto foi para o Arousa VI, de Torres Colomer, presidente do club anfitrión, o Deportivo de Riveira. E terceiro o Leonciño, de Domingo Pérez, tamén de Riveira.

Corsario. foto Juan Caballero

O Comité da Regata deu con puntualidade a saída ás 14.00 horas, elixindo o numeral 8 dos 12 posibles. Con 12 millas de percorrido trazouse desde a saída un desmarque coa proa cara a Punta Lucía, situada en extremo oeste da Praia de Coroso. Tras virar a boia fondeada para o efecto os veleiros puxeron rumbo cara aos Esqueiros por Babor, Rúa por Babor, Moscardiño tamén tomada por Babor, Maño por Estribor e chegada nas inmediacións do porto de Riveira.
A entrega de premios celebrouse ás sete da tarde nas instalacións do club, asistindo á mesma o Alcalde de Riveira, Manuel Ruiz; o Delegado de Gadis en Riveira; o Capitán Marítimo de Vilagarcía, Manuel Martínez; o Xefe do Posto de Inspección Fronteiriza, José Carlos Matilla; a presidenta da Asociación Local de Cruz Vermella, Ángeles Cores; sendo anfitrión do acto o presidente do Club de Riveira, José Luís Torres Colomer.

Saída regata. foto Juan Caballero

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Momentos Altos”. Mario Clavell

“Momentos Altos”. Mario Clavell

Camino dos minutos pisando hojas caídas de los olmos de Santa Clara. A través de losauriculares oigo el andante del concierto 2 para piano de Rachmaninov, plas, plas, plas…Saludo al vecino José Antonio en la parada del bus número 6, y veo nubes blancas entre...

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

Mazón se desentendió de la Dana el día 29 al coger un día de asueto para mocear con una periodista, habiendo dicho que no pudo estar en contacto con emergencias por un apagón de falta de cobertura, una mentira más, cuando la periodista declaró que tuvo constantes...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.