Seguen crecendo os lectores do noso diario dixital “obarbanza.gal” e da nosa revista mensual “O Barbanza”

05 Agosto 2020

Rematou xullo e o noso diario dixital “obarbanza.gal” segue crecendo mes a mes, e este que acaba de rematar eleva a 26.564 o número de usuarios únicos. No que vai de ano o noxo xornal dixital leva servidas 4.538.537 noticias, cunha media diaria en xullo de 26.745 novas. Os que nos visitan proceden de 80 países. Por orde loxicamente Galicia e España ocupan o ranquing, síguelle Estados Unidos, Romania que ocupa o terceiro posto en visitas, Francia, Alemaña, Canadá, Emiratos Árabes, Indonesia, Irlanda, Singapur, Noruega, Gran Bretaña, Australia, India e Ucraína, completan o top 15 dos países con mais leitores de O Barbanza, datos que indican a presenza de emigrantes da comarca que traballan en empresas que desenvolven actividade neses países. A medio camiño están países latinamericanos con presenza de galegos.

A incorporación de sinaturas na sección opinión, está a ter unha magnífica acollida cunha media que supera o medio millar de descargas por artigo. Tamén a nosa rede social facebook acaba de superalos mil siareiros e segue crecendo a diario.

A nosa edición mensual impresa está tamén a ter unha magnífica acollida. Acaba de superalo ano de vida co número 12 e cunha tirada de 7.000 exemplares por número e a súa distribución abrangue desde Rianxo, Boiro, A Pobra, Ribeira, O Son e Dodro e Noia.

A todos o noso agradecemento e pedirvos o apoio para difundila nosa web e que se incremente o número de visitas na páxina e en redes sociais. (facebook: obarbanza; twtitter: @obarbanzagal; instagram @o_barbanza e o noso WhatsApp a onde podedes mandar notas, comunicados e fotos 608 240 160. O noso email: redaccion@obarbanza.gal).

Esperamos seguir contando co voso apoio e grazas anticipadas pola vosa colaboración.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.