Rianxo amplía o prazo para inscribirnos nos seus cursos online e anti-crise

04 Agosto 2020

O Concello de Rianxo ampliou o prazo para a inscrición nos seus cursos de formación en liña, unha manchea de actividades formativas sobre as máis diversas vertentes que veñen, todas elas, co nexo común de axudar ás empresas, aos autónomos e aos profesionais a combater os efectos negativos da crise sanitaria e económica. O prazo de inscrición ficará aberto até o 31 de agosto. Segundo informa o Concello, aínda hai dispoñíbeis 60 prazas.

En total, o Goberno rianxeiro achega case dúas ducias de actividades formativas, algunhas delas claramente tecnolóxicas (Curso de xestor de comunidades online; Curso de xestión de vendas, mercadotecnia directa e utilización das redes sociais na xestión comercial; Curso de seguridade informática e sinatura dixital; Curso de desenvolvemento web para o comercio electrónico; Curso de trámites en liña coa administración, Curso sobre creación, programación, e deseño de páxinas web con HTML5 e CSS3, Curso de xestión da seguridade informática na empresa, etc) e outras envorcadas nos coidados e na saúde (Curso de actividades acuáticas para bebés, Curso de nutrición e dietética, Curso de elaboración e conservación de alimentos, etc).

Tamén hai actividades para converternos en expertos na xestión de residuos, na xestión turística innovadora (a través da plataforma Amadeus) ou na prevención de riscos laborais. Igualmente, favorecerase a alfabetización dixital básica cun curso de iniciación ás TIC.

As persoas que soliciten a participación no programa de formación deben ser maiores de 16 anos, estar empadroadas no termo municipal e dispor de equipamento para a conexión á plataforma en liña (un PC con calquera sistema operativo, tableta ou móbil, e conexión á Internet) ademais de ter competencias dixitais básicas.

O alumnado admitido disporá de tres meses para completar os cursos solicitados.

A inscrición realizarase de forma preferentemente telemática na Sede Electrónica do Concello de Rianxo, ​​​ou, de non ser posíbel, no Rexistro Xeral do Concello de Rianxo emprazado no número 1 da praza Castelao. ​​​​​​​

Outros artigos

O director de XERA visitou en Rianxo a sede dos estaleiros Catoira

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Alfredo Fernández Ríos, visitou na mañá deste xoves 22 de xaneiro a sede dos Astilleros Catoira en Rianxo, onde mantivo unha reunión de traballo coa Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (AGALCARI) para...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Mis últimas cartas” – Manuel Domínguez

“Mis últimas cartas” – Manuel Domínguez

Mis últimas cartas fueron dirigidas a tres personas. El senador Bernie Sanders, acabo de recibir su biografía 540 páginas de lucha por una sociedad más justa, y lleva así una vida entera. Le he mostrado mi admiración, y animarle a que no desfallezca en esa lucha, él...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.