Os bonos de conciliación para os campamentos de Ribeira, aínda dispoñíbeis

03 Agosto 2020

María Sampedro, concelleira de Cultura de Ribeira

O Concello de Ribeira informou de que a iniciativa Bonos Concilia CampaRibeira Verán 2020 aínda ten recursos de axuda dispoñíbeis para as familias. De feito, aínda resta unha semana para o remate do prazo de solicitudes de bonos, que finaliza o 10 de agosto.

Até o de agora lévanse adxudicados 48 bonos da modalidade A (destinados a familias en que traballan os dous proxenitores ou o cabeza de familia no caso das monoparentais) dun total de 60 bonos posíbeis cos que sufragar ata a metade do custe mensual do campamento e un máximo de 100 €.

En canto á modalidade B (o resto de familias, cun máximo de 50 euros), entregáronse 13 sobre un tope tamén de 60.

O Concello lembra que empregando estas axudas os cativos con idades entre 3 e 12 anos poderán participar nun dos campamentos ofertados por unha empresa do municipio, cunha duración de cinco horas diarias de luns a venres.

Outros artigos

O Concello de Ribeira amosa a súa solidariedade con Adamuz

Sumándose á convocatoria realizada pola FEGAMP, membros da Corporación municipal e traballadores do Concello de Ribeira gardaron un minuto de silencio ás 12.00 horas deste luns 19 de xaneiro como mostra de recordo e agarimo polas vítimas mortais, os feridos e as...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

La elección de la ferrolana Ketty Garat como mejor periodista del año 2025 por parte de la Asociación de la Prensa de Madrid no es solo un reconocimiento a su actividad profesional impecable, es también una reivindicación del periodismo de investigación, esencial para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.