O Informe Ardán distingue novamente o empuxe innovador de CONGALSA

31 Agosto 2020

CONGALSA, firma referente en alimentación con sede no Polígono da Tomada da Pobra do Caramiñal, vén de ser distinguida polo Informe Ardán que elabora cada ano o Consorcio da Zona Franca de Vigo: un informe que pon de manifesto as empresas da nosa terra que máis salientan en excelencia, innovación e competitividade. CONGALSA, recoñecida por Ardán por segundo ano consecutivo, foi destacada en dous dos indicadores de boas prácticas do informe.

En concreto, nas categorías de empresa xeradora de riqueza e empresa innovadora (este último recoñecemento, ademais, obtido por segundo ano consecutivo).

Desde a compañía, en palabras da súa directora de RREE, Isabel Cañas, valóranse estas distincións “moi especialmente”, xa que implican que “nos afanamos por demostrar competencias diferenciais” e por “xerar vantaxes competitivas mediante a implementación dun modo de traballar que tende a lograr a excelencia en todos os nosos índices, parámetros, procedementos e procesos”.

Os indicadores de boas prácticas empresariais do servizo de información empresarial Ardán, dependente do Consorcio da Zona Franca de Vigo, emítense desde o ano 1995. Para cada un dos seus parámetros, o informe está apoiado metodoloxicamente por un grupo de investigación experto no ámbito da competitividade e a xestión empresarial avanzada. Esta liña de traballo do Consorcio Zona Franca de Vigo desenvólvese, ademais, ao abeiro da Cátedra Ardán da Universidade de Vigo e ten como obxectivo identificar e pór en valor a excelencia empresarial galega.

Polo que respecta ao compromiso innovador de CONGALSA, enxalzado por Ardán, a empresa da Pobra do Caramiñal ten entre mans un moi relevante proxecto de transformación, unha iniciativa que desenvolve en colaboración co Centro Tecnolóxico Gradiant e que foi recoñecida recentemente pola Xunta de Galicia, que a seleccionou para a terceira edición do Programa Fábrica Intelixente, cuxo obxectivo radica en favorecer o avance do tecido industrial galego cara un modelo 4.0.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

Circula por la red una intervención del presidente del Gobierno en el Parlamento quedebió producirse cuando intentaba acordar la formación de Gobierno con Ciudadanos -las cámaras captaron a Rivera y Girauta en actitud de aprobación a su discurso-, del quereproduzco...

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

En foto de hai 48 anos podemos ver ao bispo de Lugo, Ona de Echave, asperxendo a Juan Carlos e Sofía, Reis, na porta norte da Catedral de Lugo, ante a mirada atenta de José Ferro. Eran tempos nos que “palabra de Rei” significaba firmeza nos tratos das...