A Xunta apoia o proxecto de fábrica intelixente de Congalsa

03 Marzo 2020
Cedida

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou esta mañá as instalacións de Congalsa na Pobra do Caramiñal, acompañado da directora da Axencia Galega de Innovación-GAIN, Patricia Argerey. Ambos foron recibidos polo director xeral da compañía, Luis Miguel Simarro, e a directora de RREE, Isabel Cañas. Con esta visita, o titular de Industria apoia o proxecto de fábrica intelixente da empresa, denominado Congals4.0, o cal se desenvolverá ata o 2022.

De feito, Congalsa converteuse nunha das empresas seleccionadas pola Xunta de Galicia no marco da terceira edición do Programa Fábrica Intelixente, cuxo obxectivo radica en favorecer o avance do tecido industrial galego cara un modelo 4.0. Neste senso, a compañía levará a cabo o seu proxecto en colaboración co Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant) ao amparo dunha convocatoria subvencionada e impulsada por GAIN, axencia dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, e cofinanciada con cargo a fondos europeos FEDER.

Durante a visita, Luis Miguel Simarro afirmou que a empresa está preparada para “deseñar e consolidar un modelo industrial 4.0 que consiga a maior flexibilidade e transparencia nun entorno e nun sector en constante cambio e hiperconectado.” Máis polo miúdo, o proxecto contribuirá á empresa a converterse nun dos tractores do cambio, cara un modelo fabril intelixente, no sector alimentario galego.

Pola súa parte, Francisco Conde apuntou que, xunto con Gradiant, no marco deste programa Congalsa está a desenvolver un proxecto para converter as súas instalacións nunha fábrica máis flexible, automatizada e con tecnoloxías que permitan obter datos en tempo real. Conta cun orzamento de 4’9 millóns de euros e nel traballan 19 profesionais; tres dos cales son de nova contratación por parte de Congalsa. Conde tamén lembrou que a empresa recibe hoxe mesmo unha mención nos premios RSE polo esforzo que está a facer en favor da conciliación dos seus traballadores e traballadoras.

O conselleiro subliñou que a través da innovación esta empresa trata de achegar valor engadido aos seus produtos para estar á vangarda. E lembrou que a Xunta traballa da súa man noutros programas como a aceleradora BBFood, as Unidades Formativas ou en programas de internacionalización.

Trátase, dixo, dunha das empresas do sector galego da alimentación que mellor exemplifica como a transformación dixital se ten convertido nunha necesidade e, á vez, nunha oportunidade para a mellora de procesos.

Congalsa é unha das empresas de alimentación líderes do mercado galego. A compañía, especializada na elaboración de produtos precociñados ultraconxelados, pechou 2019 cunha facturación de 83 millóns de euros e mobilizou un total de 24’5 millóns de toneladas de produtos nas súas diferentes gamas. Con presencia en 35 países, recentemente formalizou a adquisición da compañía lusa Sulpasteis para fortalecer a súa expansión internacional.

Outros artigos

Historias e inglés conflúen nunha sesión de contacontos na Pobra

A aula de estudo situada na planta superior da biblioteca municipal Victoriano García Martí acollerá no sábado 20, ás 11.00 horas, o contacontos en inglés Storytelling Sally Senses que achega a academia Kids&Us Ribeira coa colaboración da Concellaría da Cultura da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...