O deputado socialista Martín Seco reclama ao Concello que se implique co Museo do Mar de Noia

21 Agosto 2020

O deputado do PSdeG Martín Seco visitou Noia este venres 21 para demandar que as novas instalacións do Museo do Mar sexan “un verdadeiro reflexo” da importancia da pesca, a navegación e o marisqueo nesta vila e para reprobar “que o Goberno de Santiago Freire rexeite o patrimonio xa recompilado nas antigas instalacións”. Martín Seco emitiu estas declaracións durante a súa xuntanza con Félix González, presidente da Asociación Mar de Noia, cuxo traballo para dotar ao museo de pezas dun gran valor (tales como motores autóctonos, aparellos de pesca, documentos e fotografías) foi encomiado polo deputado. Na reunión tamén estiveron Roberto Iglesias, voceiro do PSdeG en Noia, e Miguel Paz, coordinador comarcal.

Na reunión o parlamentario socialista fixo saber que “foi con Rafael García Guerrero como alcalde cando, en 2011, o concello cedeu á asociación Mar de Noia o uso da antiga raza de abastos para albergar o museo” e que en 2015 “aprobouse destinar 250.000 euros para remodelar o edificio que melloraría esas instalacións”. Martín Seco recoñeceu “non entender o desleixo” do actual alcalde, que, dixo o parlamentario, “nin tan sequera deu acceso ao museo aos representantes da asociación dende que concluíron as obras”. O deputado tamén criticou que “a apertura das novas instalacións para o 21 de agosto sexa cunha exposición externa”e sen convidar a quen impulsaron a posta en valor do patrimonio etnográfico noiés”. Seco demandou que a nova infraestrutura se dedique a ampliar o antigo Museo do Mar e que se volva a idea pola cal se puxo en marcha dende o 2011.

Outros artigos

Noia incorpora un novo axente da Policía Local

O pasado venres, o alcalde de Noia, Fran Pérez, participou na sinatura do contrato dun novo axente que se incorpora ao corpo da Policía Local, un axente que xa ten un amplo coñecemento da vila e da súa contorna tras realizar no municipio noiés o seu período de...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.