O Concello de Boiro acelera a reforma do Pavillón da Cachada para telo listo de cara á tempada de voleibol

25 Agosto 2020

O Concello de Boiro está a traballar no arranxo do Pavillón Polideportivo da Cachada co obxectivo de ter as instalacións a punto de cara ao arrinque da tempada de voleibol. Segundo informou o Goberno local, a intervención que presenta maior urxencia é a reparación provisional da cuberta do inmóbel para eliminar as filtracións de auga e goteiras da choiva. Á vez estase a traballar sobre o piso de madeira que, nalgunhas zonas, estaba avultado polas filtracións de auga, e no pintado do campo. O Concello lembra que o pavillón acumula dende hai anos “unha serie deficiencias nas que agora se traballa para solucionar coa maior brevidade posíbel”.

Estes traballos que o Concello leva a cabo con fondos propios teñen natureza “provisional”, posto que o Executivo ten previsión de facer a substitución da totalidade da devandita cuberta. Para levar a cabo esta actuación, o Concello de Boiro iniciou contactos con distintas administracións para buscar a colaboración do financiamento e acometer as obras. Na mañá deste martes, sen ir máis lonxe, foron os técnicos da Xunta os que visitaron o pavillón para valorar as reparacións.

De xeito paralelo aos traballos na cuberta, o Concello de Boiro está a traballar con operarios municipais no pintado dos corredores dos vestiarios e paredes do pavillón, habilitando no inmóbel unha sala médica e achegando solucións para aumentar a capacidade da grada.

O Goberno local recorda que as instalacións deportivas da Cachada “xa foron suxeito de diversas actuacións e reformas nos últimos meses”, acometendo traballos como por exemplo a remodelación do ximnasio. Amais, engadiu, está pendente de realizarse a substitución do falso teito da piscina e corredores, que se vai facer con cargo a unha subvención da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.