En Boiro a Boqueira de A Negral acollerá en setembro o concerto de Coque Malla

23 Agosto 2020

A praza de A Boqueira de A Negral volve ser escenario dun concerto no
mes de setembro, Coque Malla actuara en Boiro o dia 13 de man de A
Pousada da Galiza Imaxinaria e coa colaboración do Concello de Boiro. O
concerto de Miss Caffeina previsto para finais do mes de agosto tivo que
cancelarse.
A Concellaría de Cultura do Concello de Boiro está a realizar este verán
un importante traballo para manter as actividades culturais no municipio e
adaptalas as medidas extraordinarias que se teñen que seguir para previr
contaxios pola Covid-19. Entre o programa de actividades, para todo tipo de
públicos e en diversidade de escenarios, están unha serie de concertos que se realizan na praza de A Boqueira de A Negral de man da Pousada da Galicia Imaxinaria.
A primeira das actuacións, a de Mikel Erentxun, foi o 14 de agosto e
congregou a mais de 200 persoas. O 13 de setembro será Coque Malla o que
actúe en Boiro en acústico, na súa xira Imposible que o devolve este verán aos escenarios despois de ter que pospoñer “¿Revolution Tour?”
As entradas para o concerto de Coque Malla do vindeiro 13 de setembro
están xa á venda e poden mercarse na Pousada da Galiza Imaxinaria, en
Baldani ou online na web de Ataquilla https://entradas.ataquilla.com/

Outros artigos

Semana de caos no transporte ferroviario e de autobuses

Renfe mantén suspendidos os trens con orixe ou destino Vigo e o transporte galego encara novas folgas. Ao mesmo tempo, A Coruña prepárase para unha nova folga indefinida no transporte de viaxeiros por estrada a partir do mércores. Renfe mantén bloqueada a venda de...

+

“Moitos non teñen avoa”. Luís Celeiro

A Xunta de Estremadura, a través dun decreto publicado en xaneiro deste ano, concede axudaseconómicas para contratar aos avós que coiden dos seus netos. A nova apareceu publicada nosdiarios e a moitos lectores sorprendeunos. As avoas e tamén os avós eran (e son)...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Diplomacia, moralidade ou caer da burra?” – Antón Luaces

“Diplomacia, moralidade ou caer da burra?” – Antón Luaces

O bloqueo petroleiro contra Cuba foi condenado pola Organización das Nacións Unidas (ONU). Ao mesmo tempo, este organismo internacional anunciou o despregamento de axuda humanitaria tendente a paliar a crise enerxética e alimentaria que, por tal medida coercitiva,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.