Até 60 locais dos concellos de Muros-Noia implantaron xa menús dixitais

28 Agosto 2020

Os alcaldes dos concellos da comarca de Muros e Noia e mailo vicepresidente e responsábel da área de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, participaron no restaurante Casa Boto (Noia) na presentación das cartas de menús dixitais promovidas pola Asociación Turística Ría da Estrela, que segundo puidemos saber, chegaron xa a 60 locais hostaleiros da contorna. Na súa intervención, Xosé Regueira destacou o apoio da Deputación a iniciativas de innovación como ” elemento fundamental para a mellora da calidade e competitividade dos xeodestinos”.
A Asociación Turística Ría da Estrela organizou este xoves un acto para a presentación da nova iniciativa de menús dixitais que contou coa intervención do vicepresidente e responsábel da área de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, a presidenta da entidade, María Teresa Villaverde e o alcalde de Noia, Santiago Freire e no que participaron tamén representantes dos concellos da Ría de Muros-Noia e do sector turístico da comarca.
Xosé Regueira recoñeceu que o sector atravesa “un momento moi complicado” mais avogou polo optimismo e por “tomar a crise como oportunidade para gañar en competitividade e ofrecer garantías suficientes de calidade e seguridade”. Neste sentido, destacou o apoio da área de Turismo da Deputación da Coruña aos entes de xestión turístico como ferramentas de especial relevancia para saír da situación actual e, en especial, ao desenvolvemento de iniciativas innovadoras como os menús dixitais para a mellora da calidade e competitividade dos xeodestinos.
As cartas dos menús dixitais é un proxecto no que levan meses traballando os concellos da Ría da Estrela, como “unha solución tecnolóxica adaptada ás novas necesidades da hostalería derivadas da situación propiciada pola COVID-19”. A solución, que como dixemos está implantada xa nuns 60 locais de hostalería da comarca de Muros e Noia (cuxas experiencias foron debulladas na cita deste xoves), está estendéndose nos concellos de Noia, Muros, Porto do Son, Outes e Lousame, que son os co-responsábeis de impulsar a dita tecnoloxía e o programa no que se insire: un programa para facilitar a adaptación dos establecementos turísticos ás medidas de seguridade e control contra a pandemia.
O proxecto está a ser tutelado pola Asociación Rural de Desenvolvemento Ría Muros-Noia, na que están integrados os cinco municipios, e conta cun orzamento de 14.000 euros (que aportan a Deputación Provincial da Coruña e os concellos).
Os servizos que veñen incluídos no programa xeral inclúen, entre outras cousas, asistencia personalizada para cada negocio; fornecemento de cartelería, sinalización e marcado de chans ou resolución de dúbidas por vía telefónica ou telemática, amais das cartas de menús dixitais que citamos antes, ás que o cliente accede a través dun código QR.

Outros artigos

O Son e Ribeira impulsan a XI edición do Obradoiro de Emprego Tahume

Tal e como confirmamos os días pasados dende este medio, o Concello de Ribeira será novamente beneficiario dunha subvención da Xunta (Consellería de Emprego, Comercio e Emigración) para desenvolver o Obradoiro Dual de Emprego Tahume XI, que dende os seus inicios...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Los corazones de Loli”- Carlos Moledo

“Los corazones de Loli”- Carlos Moledo

Hay gestos que no caben en ningún titular y que, sin embargo, sostienen el mundo mejor que cualquiernorma. Son gestos de manos. De aguja. De hilo enhebrado con paciencia en muchas tardes, mientras afuerael pueblo continúa con su rutina, persianas a medio abrir y...

“Cadaquén, da súa casa”. Luís Celeiro

“Cadaquén, da súa casa”. Luís Celeiro

Nun acto organizado por AlumniUSC e celebrado na facultade compostelá de Filosofía, unha charla-concerto en memoria de Begoña Caamaño e do seu legado, Francisco Castro recordoulles aosasistentes un feito do que se debe falar e presumir, polo seu interese social e por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.