AMICOS desenvolve o proxecto LIBERA de mellora de espazos naturais

27 Agosto 2020

No día de hoxe levouse a cabo unha das accións do proxecto LIBERA a
través da Asociación AMICOS. Nesta ocasión Macarena Fernández, voluntaria ambiental de Amicos presentou as actividades a levar a cabo acompañada por María Sampedro, Tenente alcalde do Concello de Ribeira así como Pilar Sampedro, responsable do Centro de Atención Integral Amicos.
O proxecto ten como obxectivo contribuir á mellora do estado dos espazos
naturais a través do aumento do coñecemento sobre os riscos que afectan aos nosos mares e ríos e as medidas de prevención para evitalos. Inicialmente o proxecto ía enmarcado dentro dunhas accións con centros escolares da contorna, onde nenos e nenas de diversas idades xunto coas persoas con discapacidade da entidade tiveran unha formación a través do xogo para concienciar sobre a conservación dos espacios naturais e incidir na regra das 3R (reducir, reutilzar e reciclar). Estas accións estaban acompañadas de xornadas de participación de voluntariado ambiental para a prevención, identificación e recollida de residuos no Parque nacional das Illas Atlánticas e no Parque Natural de Corrubedo.

Debido á chegada do covid 19 á nosa contorna, e á declaración do estado d
alarma, estas accións víronse paralizadas. O proxecto veouse adaptado á nova realidade. Organizáronse charlas e formacións a través do xogo para persoas con discapacidade da entidade e actividades de participación ambiental na contorna xunto con outros colectivos.
Nesta ocasión acompañaron nenos e nenas do campamento urbano
organizado por Ociobros, participando na actividade un total de 25 persoas. Pudéronse recoller un total de 25 quilos de lixo mariño de orixe humano tal como vidrio, plásticos, textil ou madeira tratada entre outros residuos.


Outros artigos

Cáritas Ribeira segue coa recollida solidaria de alimentos

Cáritas Ribeira segue coa recollida de alimentos que durará todo o mes, excepto Gadis que o fará ata o día 16 pero actualmente en trámites de ampliación. Cáritas Ribeira segue coa recollida de alimentos, unha campaña que durará todo o mes. A organización busca axudar...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lexitimidade democrática do BNG? “. Carlos Moledo

“Lexitimidade democrática do BNG? “. Carlos Moledo

Un coñecido neurólogo e escritor español xa falecido, Carlos Castilla del Pino, ocupado nos seus intres libres en reflexións cargadas de sentido común, deixou dito o que a todos se nos antolla obvio, “hai erros na vida, e hai vidas erradas: son cousas distintas”. A...