Xa está aberto o prazo de matrícula para o curso sénior da USC na súa sede de Ribeira

02 Xullo 2020

O Concello de Ribeira informou da apertura do prazo de matrícula para o curso 2020-2021 destinado a maiores de 50 anos e correspondente á cuarta edición do Ciclo da Universidade de Santiago na súa sede de ribeira, que se estreou no pasado outono.

O Programa de Maiores, IV Ciclo, dependente da Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Servizos a cargo de María del Mar Lorenzo Moledo, desenvolve este segundo curso do Diploma Sénior en Ribeira. A oferta formativa amplíase a 6 materias universitarias: medio ambiente; educación intercultural; historia da cultura de Galicia invitación a un concerto (educación pola música); astronomía; e introdución á ópera (novos medios, novas oportunidades).

As aulas impartiranse no Centro Cultural Lustres Rivas, sede da USC IV Ciclo en Ribeira. A matrícula está aberta ata o 31 de xullo. Pódese formalizar nunha ligazón específica da USC. Para máis información cómpre chamar ao teléfono 881 814 588 ou enviar un correo a ivciclo@usc.es.

Outros artigos

Ribeira premia os comercios mellor decorados na XIX edición de Artemar

A votación popular recoñeceu a ambientación mariñeira d’O Bazar de Álvaro, Iluminación Lijó e A Recoveira. Premio Recoveira O Concello de Ribeira fixo entrega dos galardóns correspondentes ao Concurso de Decoración de Establecementos, enmarcado dentro da décimo novena...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.