Mellora do firme dos camiños en Olveira de Arriba e en Carolo (Palmeira)

27 Xullo 2020

O Concello de Ribeira informa de que se lle foi notificada a concesión dunha axuda da Xunta outorgada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
(AGADER) destinada á mellora do firme de dous camiños situados no
municipio: un en Olveira de Arriba (na parroquia de Olveira) e o outro
no lugar de Carolo (Palmeira).
Esta doble actuación ten un orzamento total de 43.038 euros e o seu prazo de execución ascende a un mes. A axuda asignada ao noso municipio por AGADER alcanza unha contía de 19.161,36 euros.
Polo que se refire ao camiño de Olveira de Arriba (que ten 445 metros de lonxitude) a día de hoxe rexistra un firme de rodadura en zahorra con sobreanchos en ambos lados formados por terra e cubertos de vexetación herbácea. Conforme ao proxecto elaborado, o que se pretende é desbrozar e limpar toda esa vexetación que cubre os sobreanchos, nivelar o camiño e abrir cunetas, aplicar por zonas unha capa de zahorra artificial para acabar de regular o firme da vía e estender unha capa de aglomerado en quente de cinco centímetrosde espesor, incluíndo o compactado e o rego de adherencia.

Camiño de Olveira de Arriba


Palmeira
En canto ao camiño de Carolo (que ñten 500 metros de longo), rexistra un firme de aglomerado asfáltico en mal estado, con sobreanchos a ambos lados cubertos igualmente de vexetación asfáltica.
Así e logo, vaise desbrozar e limpar a devandita vexetación e estender unha capa de aglomerado en quente de cinco centímetros de espesor nun labor que comprende o seu compactado e o rego de adherencia.
A liña de axudas en que se enmarca esta subvención é a resolución de 19 de decembro de 2019 pola que se aproba o Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

Outros artigos

Ribeira renova a súa distinción como Cidade da Ciencia e a Innovación

Ribeira é unha das 17 cidades Innpulso que renova a súa distinción de Cidade da Ciencia e a Innovación por apostar por políticas locais innovadoras nos seus territorios. No caso ribeirense, o galardón atópase na categoría de municipios de 20.001 a 100.000 habitantes;...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.