Os servizos de emerxencias rescataron esta tarde a unha persoa que caeu ao auga despois de envorcar a embarcación na que navegaba. Segundo a información recollida no 112 Galicia, o suceso tivo lugar pasadas as cinco da tarde na Praia de Area Secada, en Ribeira. Alí acudiron os membros do Servizo Local de Emerxencias que conseguiron rescatar á persoa e trasladala a porto, onde esperaba unha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 por se fose necesaria a asistencia sanitaria.
Ademais, unha vez recibida a chamada de alerta no 112 Galicia, os xestores do servizo puxéronse en contacto co persoal do Salvamento Marítimo para coordinar o operativo de rescate no mar, para o que pediron a colaboración do Servizo de Gardacostas de Galicia. Con todo, pouco tempo despois, a persoa foi recollida polo equipo local de emerxencias sen necesidade de máis medios de intervención.
