En Aguiño arranca o arranxo da senda peonil entre Punta do Laño e o Peirao Fenicio

09 Xullo 2020

O Concello de Ribeira informa do inicio da intervención dirixida á implantación dunha senda peonil de 443 metros de longo e 2,5 de ancho entre Punta do Laño e o Peirao Fenicio —ambos emprazamentos situados na parroquia de Aguiño— que enlazará co camiño de 2.500 metros existente entre este último punto e Couso.
Trátase dunha iniciativa enmarcada dentro da EDUSI ‘Máis Riveira Atlántica 2020’, financiada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020. Adscríbese a liña de actuación deste plan denominada Posta en Valor do Patrimonio Cultural e Natural e Turístico dentro do Obxectivo Temático 6 (Conservar e protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos).
A empresa Bcnor Gestión y Soluciones Avanzadas, S.L.. é a entidade encargada de realizar estes traballos, que implican un investimento de
53.738,23 euros, IVE incluído. O prazo de execución é de cinco meses.
Elementos patrimoniais
O que se persegue coa a actuación é protexer o borde litoral nesta franxa ao
tempo que se garante o libro acceso e uso público da costa e se potencia o seu emprego como zona de esparcemento e benestar da poboación. Neste senso, a senda —que arranca en Transporto, na contorna do porto de Aguiño— permitirá recrearse na contemplación de notables elementos patrimoniais como é caso sobranceiro do Porto Fenicio (hai estudos que defenden que se trata de restos dun porto construído polos fenicios para facer escala nas súas viaxes comerciais entre os séculos XII e VIII antes de Cristo, mentres que outras investigacións apuntan a restos dunha fábrica de salgadura construída polos cataláns a mediados do século XIX) ou tamén os vestixios do antigo almacén de salgadura de A Covasa. Do mesmo xeito, se poderán divisar excelentes vistas da costa atlántica, con illas como Vionta, Sagres e Sálvora.

O novo trazado adaptarase ao camiño xa existente actuando no mesmo en
dous tramos diferenciados: Por unha parte, un primeiro tramo de 300 metros de longo composto de 17 centímetros de zahorra natural ZA-0/32 e 8 centímetros de espesor na capa de coroación, con pavimento de xabre-cemento con árido de granulometría 0-5 da zona, impermeabilizado e estabilizado.
o E por outra, un segundo tramo de 143 metros de lonxitude composto por
25 centímetros de zahorra natural ZA 0/32.
O pavimento estará delimitado lateralmente con bordillos de madeira de 25×10 centímetros e transversalmente cada 10 metros con bordillos das mesmas dimensións a efectos conter mellor o pavimento contra a auga de escorrentía da chuvia.

Obras entre Punta do Laño e o Peirao Fenicio

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.