Aguiño terá unha rede separativa de pluviais na Rúa do Carreiro

07 Xullo 2020

O Concello de Ribeira informa da realización dunha nova actuación consistente na instalación dunha rede de pluviais na rúa do Carreiro, vía pertencenteá localidade de Aguiño.
Na actualidade na rúa en cuestión non existe rede separativa de
alcantarillado, existindo un único colector polo centro da calzada polo
que descorren conxuntamente as augas residuais e pluviais. Esta liña
conecta coa rede xeral de saneamento na rúa Castelao e dende alí conduce a auga ao bombeo do porto de Aguiño, que a impulsa cara á EDAR de Couso.
En consecuencia, co proxecto elaborado plantéxase un sistema de
saneamento separativo de forma que as augas pluviais descorran por
un colector independente ata a rúa Castelao, onde conectarán coa rede de pluviais na zona. Isto permitirá evitar que as augas superficiais acaben no bombeo para as augas fecais do tanque de tormentas ubicado no porto de Aguiño, aminorando así o caudal que chega ata a instalación e, deste xeito, diminuíndo o número de alivios.
Todo isto materializarase coa colocación dunha tubaxe de SN8 de 315 milímetros de diámetro e 115 metros de longo, dous pozos de rexistro e seis arquetas sumidoiro.
A intervención comporta un investimento de 13.002 euros, IVE incluído, que está cofinanciado cunha achega de 6.975 outorgada polo vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza conforme á orde do 19 de decembro de 2019.

Carreiro Aguiño

Outros artigos

A sexta edición da Carreira 5K El Canario desenvolverase no 28 de xuño

Ribeira correrá coa sexta edición da Carreira 5K El Canario, homenaxe a José Nespereira, que promove esta escola de boxeo coa colaboración do Concello. Esta cita deportiva será domingo, 28 de xuño, a partir das 10.00 horas, coa praza do Concello como punto de partida...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lume e destrución” – José Manuel Pena

“Lume e destrución” – José Manuel Pena

Os montes quéimanse por falta de compromiso das diferentes Administracións Públicas. A comezos de cada verán repítese a mesma película, lume e destrución da contorna natural por falta de prevención. A Xunta de Galicia, así como cada un dos Concellos e Mancomunidades...

“La gente normal habla y se entiende” – José Castro López

“La gente normal habla y se entiende” – José Castro López

El Papa llamó a las fuerzas políticas a que dialoguen de forma civilizada. “La pluralidad política no debería degenerar en descalificación permanente del adversario…La firmeza no exige desprecio y la discrepancia no conlleva humillación del contrario”, dijo el...