SumaRibeira volve rexeitar a suba nos orzamentos para o Auditorio Municipal

01 Xuño 2020

A agrupación SumaRibeira vén de facer público, novamente, o seu rexeitamento á ampliación do orzamento dispoñíbel para o novo Auditorio Municipal, un proceso que implicaría, sostén o grupo, unha importante ampliación do crédito inicialmente acordado. Segundo apunta a asemblea que coordina Xurxo Ferrón, é preciso reabrir o debate sobre un incremento de levaría os 2,5 millóns de euros de partida aos 4 millóns solicitados pola empresa que gañou o concurso. SumaRibeira rexeita este procedemento por “opaco” e por incrementar nun millón e medio de euros o orzamento dispoñíbel. A agrupación opúxose na aprobación en pleno do crédito extraordinario.

Tamén recorda que “logo de moitos esforzos” foi posíbel acceder á memoria do proxecto gañador, que se presentou para a fase final do concurso para a que foran seleccionados tres proxectos, e na que “figuraban expresamente características do proxecto que facían inxustificadas demandas económicas que posteriormente, gañado o concurso, foron solicitadas” explican dende SumaRibeira, que achega un exemplo concreto destas demandas: malia que a empresa estipulaba que o proxecto de 2.500.000 era só para un auditorio, e non apto para representacións teatrais, na memoria do mesmo si figuraban descricións de características propias dun “auditorio dentro de los de gran formato de Galicia”, en palabras de SumaRibeira un sinal inequívoco da idoneidade para as representacións teatrais.

Outros artigos

Devoción e música na homenaxe de Ribeira á súa patroa Santa Uxía

A veciñanza de Ribeira cumpriu este sábado coa tradición ao honrar á súa patroa, Santa Uxía, nunha xornada central marcada polos actos relixiosos e o acompañamento musical nas rúas da vila. O programa litúrxico iniciouse na igrexa parroquial cunha misa solemne cantada...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

Desde el comienzo de la democracia, 8 leyes de educación, cada cual a peor, cada partido impone la suya, fracaso tras fracaso. 50 años de democracia, cada 6 años una nueva ley de educación. La Banca En Galicia había 7 cajas de ahorros, al ser servicio publico sus...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.