Rianxo en Común propón a posta en marcha de bonos para reactivar a economía do concello

17 Xuño 2020

Julian Bustelo, voceiro de Rianxo en Común

A agrupación Rianxo en Común vén de presentar unha moción, para ser tratada no pleno da Corporación local, relativa á economía do termo municipal e a necesidade de “poñer en marcha actuacións para reactivala”. Segundo lembra o grupo de Julián Bustelo, os meses que acabamos de pasar foi un tempo de “perdas para o noso tecido empresarial e comercial, que nos deixou unhas cifras de paro moi preocupantes”. Na súa opinión, “nin durante esas semanas nin tampouco agora, na chamada nova normalidade, o Goberno adoptou ningunha medida destinada a reverter esta situación”.

Segundo engade Rianxo en Común, “debemos actuar de xeito inmediato diante das consecuencias derivadas da crise provocada pola aparición do SARS-CoV-2, ao tempo que adoptar as medidas para impulsar e reactivar a actividade económica de tipo comercial e hostaleira, e tamén de servizos, outorgando liquidez aos veciños e veciñas para que fagan as súas compras ou contraten os servizos que precisen nos establecementos locais”.

En virtude do devandito a agrupación propón unha campaña de Bonos Reactivación, consistente en poñer a disposición do conxunto da veciñanza un bono por un importe de 20€ (un por persoa como máximo) mediante o cal a persoa que o adquirira podería mercar ou contratar servizos nas tendas de Rianxo por un importe máximo de 50€. Estes trinta euros de diferenza, explican, “serían aportados polo Concello”.

E engaden: “Trátase de protexer o interese xeral da veciñanza apoiando aos nosos autónomos, microempresas e pequenas empresas, así como aos traballadores por conta allea vencellados á actividade comercial, hostaleira e de servizos residentes en Rianxo, contribuíndo a minimizar o impacto da crise económica provocada polo coronavirus e contribuíndo a unha reactivación da nosa pequena e mediana economía”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.