Os empresarios de Ribeira volven reclamar a creación dun novo polígono ou a ampliación do existente

17 Xuño 2020

Vista aérea do Polígono de Xarás en Ribeira

A Asociación de Empresarios de Ribeira, a raíz da aparición nos medios de informacións relativas aos plans dos concellos da contorna para consolidar ou ampliar os seus polígonos industriais, vén de emitir un novo comunicado no que recorda ás autoridades competentes “a necesidade de que impulsen no municipio ribeirense a creación dunha nova área industrial ou o crecemento da xa existente”. Segundo indican, se antes da pandemia era unha demanda xustificada, agora, coa necesidade urxente de reactivar a economía local, aínda o é máis.

No seu escrito os empresarios de Ribeira din que “cómpre dar a maior celeridade ao proceso de ampliar ou crear o polígono, por termos unha necesidade imperiosa de solo industrial e unhas grandes demandas do mesmo, das que son coñecedoras nas diferentes estancias”. Tamén recoñecen estar sorprendidos do “apoio mostrado por diferentes organismo ás plans para os novos polígonos doutros concellos” mentres do de Ribeira “nin se fala”, conclúen.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Manipula, que algo queda”. Antón Luaces

“Manipula, que algo queda”. Antón Luaces

Agora que se fala na UE da "guerra híbrida" protagonizada por Rusia en contra de Alemaña, o que levou á propia Unión Europea a empregar ese calificativo para condenar a mistura de ciberataques, sabotaxes económicas, presións diplomáticas e campañas masivas de ...

“RiberCeuta”. Manuel Dominguez III

“RiberCeuta”. Manuel Dominguez III

El día que durante 24 horas la ciudad pasó a llamarse Riberceuta. Al margen de la solidaridad, Ribeira tiene una relación especial con Ceuta. Una jovencita ceutí, enamorara de un soldado español, haciendo la mili en Ceuta, se enamoró de él y abandono físicamente Ceuta...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.