O curso de GIMP da aula CeMIT de Boiro aínda ten prazas dispoñíbeis

08 Xuño 2020

Continúa a formación tecnolóxica na nosa comarca, unha liña de actividade moi indicada para combater, con capacitación dixital e competitividade, as adversas consecuencias da pandemia de COVID-19. A aula CeMIT do Concello de Boiro vén de informar de que ten abertas as inscricións dos cursos de formación por videoconferencia do mes de xuño. A aula lembra que aínda hai prazas dispoñíbeis para o curso de GIMP, que se vai impartir entre os días 15 e 18 de xuño, en horario de 11.00 a 12.00 horas.

A aula recorda que GIMP é un programa libre de edición de imaxes dixitais en forma de mapa de bits, que ofrece múltiples posibilidades a nivel de usuario e a nivel profesional. Neste curso as persoas participantes van iniciarse na utilización deste programa e aprender sobre o uso de capas, ferramentas de selección, montaxes simples e conceptos básicos de imaxes dixitais para a elaboración de carteis.

As inscricións ao curso poden facerse mediante correo electrónico axentetic@boiro.org ou no teléfono 981 84 26 35. Máis información a través da web de ComparTIC.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...