Licitado o proxecto para dotar á rúa Luís Pimentel de Aguiño con beirarrúas e auga potábel

01 Xuño 2020

O Concello de Ribeira informou este primeiro de xuño da licitación dos traballos de arranxo e acondicionamento da rúa Luís Pimentel de Aguiño, onde se habilitarán beirarrúas e máis auga potábel. O orzamento é de 84.192 euros, IVE incluído e o prazo de execución de cinco meses. Para a cuestión da auga potábel, substituiranse as tubaxes existentes por outras de polietileno de alta densidade de 75 milímetros (con longos de 253 e 258 metros), realizándose as acometidas ás vivendas.

No que respecta ás beiras para os viandantes, serán de formigón pulido de 12 centímetros de espesor, cunhas lonxitudes tamén de 253 e 258 metros.

Os interesados dispoñen ata o 3 de xuño ás 00.00 horas para formular as súas ofertas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia. O investimento está incluído no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2019 da Deputación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.