Este xoves 4 remata o prazo para inscribirnos no curso de operador de carretilla elevadora do Son

04 Xuño 2020

O Concello de Porto do Son mantén aberto até este xoves 4 de xuño (incluído) prazo de inscrición para o seu Curso de Operador/a de Carretilla Elevadora, que se celebra finalmente o venres 3 de xullo (con horario de 9.30 a 13.30 horas) e o sábado 4 de xullo (con horario de 9.00 a 15.00 horas). As inscricións poden facerse aínda a través da Sede Electrónica do Concello ou ben mediante o enderezo electrónico jose.pazo@portodoson.gal.

O curso, dunha decena de prazas, é de balde e está destinado a persoas empadroadas no termo municipal de Porto do Son. O Concello lembra que a obtención do carné de operadora ou operador de carretillas elevadoras require a asistencia a todas a xornadas da actividade formativa.

Outros artigos

Rueda visita no Son ao beneficiario nº 40.000 do Bono Coidado no Fogar

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou este martes 14 de xullo que "Galicia vén de acadar os 40.000 beneficiarios do Bono Coidado no Fogar", unha medida pioneira posta en marcha pola Xunta e única en España que sitúa a Galicia como un referente na atención á...

+

A campaña de reciclaxe “Impropio de Nós” recala no Son

A campaña Impropio de Nós recalou este venres 10 de xullo no concello do Porto do Son. A iniciativa consiste nun box destinado a concienciar á veciñanza da importancia de reciclar e depositar no contedor amarelo as latas ou os envases de plástico.  A cartelería estará...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

Somos moitos os que cada vez estamos máis convencidos de que o problema da vivenda se utiliza como cuestión política e electoral pero non hai unha vontade real en buscarlle unha solución a miles de familias que teñen moito problemas para atopar unha vivenda...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.