En Ribeira presentaronse 31 ofertas para a renovación da Avenida da Coruña

24 Xuño 2020

Rematado o prazo de presentación de ofertas resultaron 31 o número de propostas presentadas á actuación dirixida á renovación de servizos e pavimentación na avenida da Coruña, no seu tramo entre a rúa Caramecheiro e a praza dos Estudantes: unha actuación que, valorada en 332.834,85 euros, prosegue coa renovación desta vía, unha das principais portas de entrada e saída da cidade ribeirense.

Conforme ao proxecto elaborado polos técnicos municipais, a actuación inclúe a renovación das beirarrúas en ambas marxes da calzada (448 na esquerda e 404 metros na dereita, é dicir, na máis pegada ao mar). A tal efecto colocarase baldosa de formigón de cores gris escura e branca en sintonía coas fases anteriores. En todo o itinerario se mellorará a accesibilidade.

Así mesmo, serán renovados tanto a rede de pluviais como as de saneamento e auga potable. Para as augas pluviais disporanse tubaxes corrugadas de PVC de 315 milímetros de diámetro en ambos marxes (de 428 metros na esquerda e 247 metros na dereita). Para o saneamento, colectores de PVC compacto de idénticas lonxitudes. E en canto ao abastecemento de auga, tubaxes de PVC de alta densidade de 160 milímetros con longos de 430 metros na marxe esquerda e 160 na dereita.

O prazo de execución son cinco meses.A obra adscríbese ao Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2019.

Avenida da Coruña

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...