En Boiro o aparcadoiro público de A Boqueira de A Negral abrirá este verán de xeito gratuíto

12 Xuño 2020

O Concello de Boiro está a traballar no acondicionamento do aparcadoiro de A Boqueira de A Negral para que poida abrir para os usuarios neste verán. Un dos obxectivos da administración local é aumentar o espazo de aparcamento no centro urbano e, con esta actuación, habilitaranse 60 novas prazas gratuítas.
A administración local quere mellorar a mobilidade no municipio e aumentar os espazos de aparcamento en todo o termo municipal e,
especialmente, nas zonas comerciais. A habilitación do espazo que antes
estaba reservado para camións na Avenida da Constitución para o
estacionamento de vehículos supuxo máis de 80 prazas de estacionamento en Boiro.
Co acondicionamento do aparcamento de A Boqueira vanse gañar outras 60 prazas no casco urbano. Os operarios municipais levan meses traballando para que o aparcadoiro poida abrir, xa que ata o de agora estaba ocupado polo material de obra. Este material, o que podía estar ao aire libre, levouse para as naves situadas no polígono e o demais seguirá na Boqueira, nun espazo acondicionado para o mesmo, separado do espazo de aparcamento cunha valla metálica.
Os operarios municipais están rematando as tarefas de acondicionamento interior e exterior para que o aparcadoiro poida abrir no mes de xullo. Estará aberto durante todo o día e de xeito gratuíto.

Aparcadoiro público de A Boqueira de A Negral Boiro

Outros artigos

As mulleres do ámbito social, protagonistas do 8M en Boiro

O Concello de Boiro celebra o 8M coas mulleres do social como protagonistas dun manifesto institucional no que participaron as mulleres de Amicos, BarbanTEA e Aloumiña que reivindicaron os seus dereitos e ratificaron o seu compromiso por unha sociedade mais...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

El pastor evangélico Tom Mullins y una veintena de más colegas, todos portavoces de la palabra de Dios. Oran en la Casa Blanca, rodeando al presidente D Trump, y rogando a Dios le dé a Trump, sabiduría para su corazón y su mente. Aquí vemos que Dios no puede hacer...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.