Correos abre este San Xoán, as súas oficinas en Galicia para facilitar os trámites do voto

23 Xuño 2020

As oficinas de Correos en Galicia abrirán este mércores, día de San Xoán e festivo autonómico para axilizar os trámites do voto por correspondencia con motivo das eleccións do próximo 12 de xullo.

A atención ao público será de 9,00 a 14,30 horas. Os puntos de atención con horario reducido manterán o seu horario habitual durante esta xornada, na que Correos presentará o conxunto de servizos da súa rede de oficinas, ademais das xestións do voto a distancia.

Os votantes poden realizar a súa solicitude de voto para o Parlamento de Galicia nas oficinas postais acudindo persoalmente e tamén de forma telemática na páxina web www.correos.es mediante firma electrónica.

O prazo de solicitude esténdese ata o 2 de xullo. Correos lembra que, segundo a decisión adoptada pola Xunta Electoral Central, o prazo para depositar o voto por correo ampliouse ata o venres, 10 de xullo, no horario habitual das oficinas postais en toda España e, como máximo, ata as 14 horas.

Outros artigos

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.