Coroso obtén a bandeira azul e repite Boiro coas praias Barraña, Barraña- Saltiño e Carragueiros e o seu Club Náutico Boiro – Marina Cabo de Cruz como Centro Azul

09 Xuño 2020

Galicia mantén a súa segunda posición no número total de areais que contan con bandeira azul, despois de Valencia con 134 distincións. Deste xeito, a comunidade galega con 107 acapara case un 20% das 589 bandeiras azuis totais outorgadas en España pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) aos areais, e vai seguida no ranking nacional pola Comunidade andaluza (100 bandeiras) e a catalá (95).
Nesta nova edición, o Concello de Sanxenxo volve repetir posición como o concello galego – e do conxunto do Estado- con máis bandeiras azuis, con 17 praias distinguidas.
Na provincia da Coruña, o municipio de Arteixo é o que máis recoñecementos deste tipo obtén este ano, con sete -ao igual que en 2018 e 2019-; seguido de Oleiros e A Coruña, con cinco areais distinguidos, respectivamente.

Polo que respecta á provincia de Lugo, Foz é un ano máis o concello da provincia que acumula máis distintivos, con cinco galardóns para as praias de A Rapadoira, Areoura, As Polas, Llas e Peizás.
Os criterios esixidos para a obtención de bandeiras azuis están relacionados coa calidade das augas, que ten que ser excelente; a seguridade, a completa dotación de servizos, a accesibilidade, a atinada xestión ambiental e a sustentabilidade dos areais e das dársenas.

En relación aos portos deportivos, en 2020 Galicia obtén 12 galardóns, sendo a provincia da Coruña a primeira en encabezar a lista con seis portos, seguida por Pontevedra con cinco e un na provincia de Lugo. O Clube Náutico de Sada, o Porto Deportivo Sadamar e o Real Clube Náutico de Sanxenxo reciben este ano este distintivo, mentres que na anterior edición
non o ondearon. É de destacar que Galicia tamén recibe a distinción para 14 centros azuis.

O requisito para converterse en centro azul para un concello con bandeira azul ás súas praias ou portos, é a existencia dun centro de visitantes, aula do mar ou de natureza que ofreza educación ambiental sobre os ecosistemas litorais e o desenvolvemento sostible, así como información
específica e/ou actividades relacionadas co programa Bandeira Azul.
O municipio que queira optar a esta distinción debe presentar un dossier xustificativo da súa proposta, así como, ao ano seguinte, a memoria anual da actividade, xunto coa súa candidatura, que xustifique o mantemento da súa condición como centro azul en anos sucesivos. Por estes motivos, a Xunta de Galicia felicita aos concellos de Oleiros, Boiro, A Laracha, Camariñas, Burela, Cervo, Bueu, Sanxenxo, A Illa de Arousa e Marín por ser quen de acadar este recoñecemento.

  • PRAIAS
  • Boiro: Barraña, Barraña- Saltiño e Carragueiros
  • Ribeira: Coroso
  • CENTROS AZUIS 2020
  • Boiro: Club Náutico Boiro – Marina Cabo de Cruz
Paseo de Barraña Boiro

A Xunta de Galicia recoñece o labor dos concellos galegos para manter a nosa Comunidade como a autonomía española nunha das primeiras posicións co maior número de bandeiras azuis en 2020.

Outros artigos

Un ferido leve nun choque no concello de Ribeira

Os bombeiros do parque provincial de Ribeira acudiron ao aviso dun choque entre un vehículo e unha cabeza tractora. Unha das persoas implicadas resultou ferida leve e trasladada ao hospital. Completou o servizo a Policía Local. 

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

O autor do artigo (á dereita) e Xosé María Fernández Pazos Por qué se celebra el 13 de febrero La elección de esta fecha conmemora el aniversario de la creación de la Radio de las Naciones Unidas en 1946, una emisora diseñada para difundir información sobre paz,...

“El Vaticano, el Papa y la inmigración” – Manuel Domínguez

“El Vaticano, el Papa y la inmigración” – Manuel Domínguez

El papa Francisco afirma que rechazar a los migrantes es un "pecado grave" El papa Francisco afirmó que ante el drama de la migración no sirven "leyes más restrictivas" o "la militarización de las fronteras" y que rechazar a los migrantes "es un pecado grave". La...