Cinco centros da nosa comarca incorpóranse ao proxecto autonómico de ensino dixital: E-Dixgal

16 Xuño 2020

A Consellería de Educación e a axencia autonómica veñen de facer pública a incorporación de 125 novos centros ao proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2020/21. Ademais, catro centros docentes xa adheridos a esta iniciativa (habilitada para afianzar a presenza das novas tecnoloxías nas aulas) ampliarán a súa participación. Os ditos departamentos do Goberno galego fan saber que o vindeiro curso será especialmente destacado na evolución do programa, posto que se decidiu ampliar en 75 o número de centros que estaba previsto incorporar ao proxecto, “co fin de avanzar na dixitalización do ensino galego”. Pola nosa contorna sumaranse o IES Virxe do Mar de Noia, o CEIP Ana María Diéguez de Rianxo, o CEIP Plurilingüe de Outes, o CEIP Alfonso Daniel Rodríguez Castelao de Rianxo e o CEP Salustiano Rey Eiras da Pobra do Caramiñal.

AMTEGA e Educación lembran que a través deste programa equípanse ás alumnas e alumnos, de xeito gratuíto, de libros e outros materiais dixitais cos que poidan desenvolver o seu proxecto curricular de 5º e 6º de educación primaria e 1º e 2º da ESO.

O proxecto E-Dixgal, que impulsan a Consellería e a AMTEGA, enmárcase na Estratexia Edudixital 2020. Neste curso participan neste proxecto un total de 345 centros, que continúan tamén no programa. Tras estas novas incorporacións, formarían parte do E-Dixgal 470 centros educativos.

Os centros que se incorporan a este proxecto serán dotados cos medios tecnolóxicos necesarios na aula para profesorado e alumnado. Ademais, terán acceso a unha contorna virtual de aprendizaxe cos contidos gratuítos proporcionados pola Xunta e deberán utilizar para o desenvolvemento curricular materiais de referencia dixitais, que poden proceder desta contorna ou ser proporcionados polo centro.

Educación e AMTEGA lembran tamén que “ca incorporación ao E-Dixgal” en Primaria implica impartir todas as materias en modalidade dixital; mentres que facelo en ESO supón impartir un mínimo de seis materias, a elección do centro, en modalidade dixital. Se o centro conta con libros e outros materiais didácticos dixitais, poden empregarse como complemento ou apoio.

Todos os centros implicados no programa teñen acceso á plataforma EVA E-Dixgal, con contidos de aulaPlaneta, Netex, Edebé e Pearson; ademais de ter acceso aos contidos xerados na iniciativa Dixit.

Outros artigos

Adxudicada a mellora do entorno do Hórreo de Araño

O Concello de Rianxo informou da adxudicación da obra de mellora do entorno do Hórreo do Araño. O proxecto conta cun orzamento total de 215.985€. A Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo, achega 145.000€ e os restantes o Concello de Rianxo. A actuación que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.