Boiro e A Pobra acollerá un curso de produción de festivais musicais

26 Xuño 2020

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Boiro e A Pobra do Caramiñal van acoller este verán un curso sobre industria musical, con vistas a achegar recursos sobre produción de festivais. A actividade, impulsada pola Fundación Paideia Galiza, desenvolverase entre o 7 de xullo e o 3 de setembro en formato presencial e está destinada a mocidade entre os 16 e os 29 anos.

O curso é gratuíto, está co-financiado polo Fondo Social Europeo, o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, e a Asociación de Desarrollo Local Deloa. Como dixemos, levarase a cabo no no Centro Social de Boiro e, tamén, na Pobra do Caramiñal. Consta dunha formación práctica e grupal de 82 horas outras 10 de titorías e orientación individual e personalizada.

A fundación Paideia busca con esta actividade “favorecer o desenvolvemento persoal e potenciar as competencias individuais, ofrecendo formación en diversas temáticas e sectores, propiciando a práctica, o debate e a participación”. En definitiva, búscase “achegar a mocidade aos axentes que interveñen na produción dun evento musical”.

Para participar na actividade non se require ningún tipo de formación nin coñecementos previos. Hai un máximo de 25 prazas e as inscricións poden facerse a través da web de Deloa e pode consultarse toda a información a través do enderezo electrónico deloa@deloa.es, o teléfono 981 817 000 ou vía Whatsapp no 606 026 202.

Outros artigos

Ambar abre este venres as Festas do Nazareno

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, entidade inclusiva do Barbanza, será a encargada de dar o pregón das Festas do Nazareno o 18 de setembro, ás 21.15 horas. A súa intervención marcará o inicio dunha das celebracións máis destacadas do calendario...

+

Chega unha nova edición das xornadas “A Pobra no Tempo”

Historia, patrimonio e cultura volverán centrar as xornadas A Pobra do Caramiñal no Tempo, que celebrarán a súa oitava edición os días 26 e 27 de setembro. As xornadas reunirán diferentes especialistas para achegar á cidadanía investigacións, episodios e figuras...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

Desde el comienzo de la democracia, 8 leyes de educación, cada cual a peor, cada partido impone la suya, fracaso tras fracaso. 50 años de democracia, cada 6 años una nueva ley de educación. La Banca En Galicia había 7 cajas de ahorros, al ser servicio publico sus...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.