As ARI da nosa comarca xa poden solicitar fondos para avanzar en rehabilitación

30 Xuño 2020

O Goberno galego deu a coñecer este 30 de xuño a contía que vai adicar ás áreas de rehabilitación integral declaradas en 41 concellos do noso territorio, entre as que se inclúen as contornas históricas de Noia e Rianxo (Rianxo, Rianxiño e Fincheira). Serán 2,5 millóns de euros para a rehabilitación de vivendas e edificios de vivendas, urbanización e reurbanización.

O Diario Oficial de Galicia publicou a resolución pola que se procede a abrir o prazo para que os concellos con ARI soliciten a participación no programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan de vivenda 2018–2021. O prazo para que os ditos concellos soliciten a súa participación no reparto de fondos en 2020 será dun mes.

O importe máximo da axuda por vivenda será da seguinte contía:

– 12.000 euros por cada vivenda obxecto de rehabilitación para actuacións de mellora da eficiencia enerxética e sustentación en vivendas, con redución da demanda enerxética.

– 8.000 euros para actuacións de conservación, da mellora na seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas.

– 30.000 euros por cada vivenda construída en substitución de outra previamente demolida.

– 2.000 euros por cada vivenda obxecto de rehabilitación e/ou por cada vivenda construída para as actuacións de mellora da calidade e sostibilidade do medio urbano.

– 4.000 euros anuais, por unidade de convivencia a realoxar, durante o tempo que duren as obras e ata un máximo de 3 anos, para as actuacións de realoxo temporal.

Esta convocatoria non inclúe as áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago nin a das Illas Atlánticas ou a da Ribeira Sacra, xestionadas directamente polo IGVS e non polos concellos. A convocatoria de axudas para as ARI dos Camiños de Santiago e das Illas Atlánticas publicouse o pasado 26 de febreiro e as da ARI da Ribeira Sacra realizarase nos próximos días. En total, as tres ARI supramunicipais xestionadas polo IGVS disporán dun total de 1.730.000 euros nas convocatoria de 2020.

Outros artigos

Este sábado A Pobra acolle a manifestación contra Altri

Este sábado, 22 de marzo de 2025, levará a cabo na Pobra do Caramiñal unha manifestación por terra e mar en protesta contra o proxecto de instalación dunha planta de celulosa por parte da multinacional portuguesa Altri en Palas de Rei (Lugo) e a posible reapertura da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un año más en mi vida” – Manuel Domínguez

“Un año más en mi vida” – Manuel Domínguez

Una mente ignara, retrograda y obsoleta podría decir, eres un año más viejo. Pues no, soy muchos años más joven. He tenido que recuperar cuentos de la infancia, he tenido que volver practicar la pintura, que bien manejaba en mi juventud, he tenido que recuperar juegos...