Ampliado o prazo para solicitar as concesións portuarias anteriores a 2014

07 Xuño 2020

Portos de Galicia vén de aprobar a prórroga do prazo administrativo de dous anos para solicitar a ampliación da vixencia das concesións portuarias anteriores ao Real Decreto Lei 8/2014, do 4 de xullo, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia. Este prazo quedara en suspenso o 14 de marzo como consecuencia da declaración do estado de alarma pola crise sanitaria provocada pola covid-19.
Toda vez que o pasado 1 de xuño o Congreso dos Deputados aprobou a derrogación da suspensión de prazos administrativos e ao no supor excepción este caso, desde dita data Portos de Galicia ten reaberto o prazo mencionado, que rematará finalmente o vindeiro 1 de setembro deste ano.
Ata esta data os concesionarios interesados en exercer a opción de prórroga ou ampliación do prazo de concesión poderán solicitalo ao ente dependente da Consellería do Mar seguindo a información e documentación que teñen ao seu dispor na páxina web de Portos de Galicia.
Esta medida pretende garantir unha maior estabilidade económica para os concesionarios que operan nos portos de titularidade autonómica para facilitar maior seguridade de cara o investimento nestas instalacións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.