A número 3 de PBBI, Dolores Elorduy, deixa a política como edil ribeirense

06 Xuño 2020

Motivos persoais que lle impiden dedicarse plenamente ao seu labor como concelleira do PBBI, son as razóns aducidas por Dores Elorduy para anunciar esta tarde que deixa a política local despois de trece anos como membro da corporación de Ribeira.
Arroupada polos demais integrantes do grupo municipal do PBBI, a edil agradeceu o apoio do partido e, principalmente dos votantes.
Afirmou que seguirá unida aos seus compañeiros de filas e deixa a porta aberta a unha posible volta cando se dean as circunstancias idóneas, así declarou: «Agora voume, pero non se o que ocorrerá nun futuro», á vez que puxo o valor os seus anos na corporación: «Alégrome da xente que coñecín e os grandes amigos que fixen, foi unha experiencia moi positiva». No seu lugar asumirá o posto a número oito da lista do PBBI, a palmeirán, Tania Redondo Fernández.

Dolores Elorduy e a súa substituta Tania Redondo. Cedida


Dolores Elorduy iniciara a súa andaina política dentro do Partido Popular, formación que deixou no 2015 presentándose dentro PBBI nas eleccións municipais do ano pasado.

Outros artigos

Devoción e música na homenaxe de Ribeira á súa patroa Santa Uxía

A veciñanza de Ribeira cumpriu este sábado coa tradición ao honrar á súa patroa, Santa Uxía, nunha xornada central marcada polos actos relixiosos e o acompañamento musical nas rúas da vila. O programa litúrxico iniciouse na igrexa parroquial cunha misa solemne cantada...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

Desde el comienzo de la democracia, 8 leyes de educación, cada cual a peor, cada partido impone la suya, fracaso tras fracaso. 50 años de democracia, cada 6 años una nueva ley de educación. La Banca En Galicia había 7 cajas de ahorros, al ser servicio publico sus...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.